Lun, 30 Out 2006, 8:07
Asunto:
Ola: Bueno, pois vai un pequeno adianto da crónica co galo de vos por algunha das fotos.
Como xa referín as circustáncias persoais deportivas i extradeportivas non sinalaban este ano como o de intentar facer marca ou posto persoal así que non tiña tensión nengunha e si un resto do "punto" nocturno que me facía ver na proba unha oportunidade de diversión infinita.
Gracias ó troco horario teño tempo de almorzar (no Dakar) lendo a prensa e de camiñar e mirar longamente o dispositivo da zona de meta. Vou até o coche que deixei na zona de Pelamios e me preparo tomando a decisión mais importante do día: correr coa cámara.
Fago o quencemento no parque do auditorio de Galicia; en verdade que o recomendo para futuras kedadas pois o ambiente é mais relaxado. ás 10 subo cara á cuberta do parking; como apesares das 20000 explicacions do fio correspondente ainda non tiña claro onde se quedou decidin ir de arriba a abaixo. na primeira entrada atopo á marea 'azzurra' e me presento tanto ós xa coñecidos como ós descoñecidos... logo dun rato e dado a dimensión da zona de kedada envíanse emisarios á parte inferior da mesma para buscar ós "portadores do chip" todo elo nun incesante ir e vir de xente do foro quencendo e saudando. Por fín; cando faltan 5' facemos a foto de equipo.
Non están todolos que son mais hai unha boa mostra do poderío de Correr en Galicia.
Estiro lixeiramente, achégome a liña de saida non sin sentires o "subidón" do momento i é que esa costa de alí adiante impón. Canto, berro, saudo a Bubela (sorte o domingo amigo) e:!!!Veña que vai¡¡¡. Saio emocionado, facendo fotos e zig-zag entre a xente; na curva vexo ó admin. fotaza (quedamos a espera meu) e veña para arriba pola marxa de fora. Subín con certa facilidade non foi en van o "adestramento" de hai 7 días...
Xa arriba escomenzo a facer fotos; para non aburrir hoxe só porei as dos foreiros... Por diante do parlamento adiantame Xoixe coma un foguete, apenas tiven tempo de tirarlle unha de esguello.
Xa nos contarás como che foi, ir ias lanzado.
Ã? colle-al estrada de Lugo xa escomenzo a sudar, mais manteño o ritmo e o ánimo, alcánzame Pitti como unha exhalación vai moi ben, ate diría que contenta; xulgade vos mesmos.
Torcemos cara ó camiño de Santiago e identifico ó fillo do Sr. Bernal; Jesus un veterán 'guerreiro'; vai co seu GPS e leva moi bó ritmo, decido facerlle unha entrevista en
vídeo...
Gustaríame poñelo en "modo player" mais non me acepta o código. Non se asustar do son nin do movemento da cámara; que iamos en carreira.
Bueno, logo entramos na rúa de San Pedro, eu xa vou tocado e a noite pasame factura así que, moi ó meu pesar xa non podo mais ca baixa-lo ritmo cando levaba a Elena Naveiro a 20 mts...
Xa con "paso de Kan" baixo até a Porta do camiño e collemos Virxe da cerca, vaime adiantando xente que me anima mais eu vou algo 'tokado' e percuro respirar e non forza-la zancada; até a praza de Vigo non volto ó estado consciente, alí vexo que respiro mellor e que as pernas non están a sufir tanto coma min. Sigo lento mais xa penso que non vai ser cousa de non rematar senon de adpatarse ás circustáncias.
Paso o control do estadio en 30' e algo; desexando mais que un grolo de auga unha ducha de auga pois sudaba a océanos, volta a subir até a costa do galo xa algo mellor mais ainda tokado. Por galeras aproveitei a sombra para me recuperar e mentalizarme do que viña que non por coñecido deixa de ser menos temido... Resposto ás preguntas dun rapaz: ¿é esta, é esta?; non meu este é o aperitivo.
Síntome mellor, o calor quedou atrás e as pernas suben ben, chego arriba e vexo algunhas facianas case de medo, eu só penso na auga; punto de avituallamento: !!!dademe unha pechada¡¡¡; non as hai, collo dúas e antes de beber xa estou duchado. (outra volta puxeron o avituallamento demasiado perto da costa e só de un lado da estrada). Bérrome a min mesmo: !!!Agora, agora¡¡¡ e escomenzo a progresar; subo ben, sufrindo mais con ritmo e, sobre todo, con forza. Adianto ó tipo do carriño...

e chego arriba moi animado e disposto a "morrer baixando". A 2 Km. de meta 44' non me preocupa o que conta é que vou ben. Estiro a zancada, e apreto o que podo sen deixar de facer fotos.
O paso polo toural é emocionante, tantas cousas vividas nesas ruelas... Ergo a vista, hai bastánte xente nas marxes, alguns corredores teñen problemas e precisan das asisténcias, outros xa fixeron a súa carreira e se deixan levar. Eu veña a apertar; Platerías, as vallas indican sprint mais atopo un pequeno muro de xente que esquivo como podo, tento facer un video da chegada mais non tiven sorte co botón... Meta: 51' 50": Peor marca persoal mais paseino moi ben.
Achégome ó locutor da SER que está transmitindo a clasificación e vexo os primeiros 20 homes e algunhas das mulleres; saudo ós amigos e coñecidos e baixo por fronte ó hostal con calma.
Ã? por esa zona detrás de Raxoi por onde decido facer de "reporter insider" mais iso será para outro fio.
hala que hai que ir ó traballo.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html