tirillas escribió: |
Ata media hora antes na saída, ou sexa ata as 10:00. Este ano a saída será dende o pavillón. A distancia será duns 7800 metros a ver si o podo medir aínda que sexa co coche... que os organizadores están pensando máis na verbena da noite que na carreira ![]() |
tirillas escribió: |
Este ano vaise cambiar o punto de saída co que vai variar un pouco o recorrido. A saída darase dende a zona dos colexios de Dena; ao lado do pavillón para ter duchas o finalizar. A saída será as 10:30 e poderase inscribir coma sempre ata media hora antes. En canto cerren todos estes detalles os organizadores porei máis información |
tirillas escribió: |
O sábado 19 de marzo celebrarase unha das "clásicas populares" da zona do Salnés; a Carreira de San Xosé de Dena. Os Tirillas estamos en contacto coa Asociación de Veciños que son os organizadores da proba e dende este fio trasladaremos toda a información que vos faga falta. Entre mañán e xoves subirei máis datos sobre inscripcións, percorridos e horarios. |
Germanmd escribió: |
Todos os que estamos interesados na información que nos podiades dar, de cara a ir axustando horarios. Porque o que máis e o que menos madruga toda a semana, i estar alí as 10, se logo a carreira se demora pra 11 ou máis tarde, sempre se agradecería. |