Sáb, 26 Mar 2011, 13:54
Asunto: Re: O Corgo'2011 (30-04-2011)
Nova edición, novo percorrido...coma sempre. Este ano menos praia, tocamos 100 mts na praia de Balierios no kilómetro 2 aprox. o cal significa que a praia de Espiñeirido que era pola que sempre pasabamos, este ano non toca. Pola contra temos entre o kilómetro 5 e 6 a maior dificultade deste ano.
O escomenzar o km. 5 temos unha cordada pequena, un terraplen de apenas 15 mts. que non ten unha dificultade técnica elevada pero o suficiente para corta o ritmo de carreira. Imos colocar un pasamano de corda por si algunha persoa necesita ese apoio.
Poucos metros dispois imos ter unha subida de uns 300 mts. con un desnivel moi elevado, seguro que a moitos participantes se lles vai facer complicado continuar correndo neste punto, van ter que facer esta subida andando. O bó é que os derradeiros dous kms. son moi favorables e podese recuperar folgos ata línea de meta.
Penso que vai ser a edición máis rápida de todas, sempre tendo en conta que no Corgo ser rápido non é doado.
Non me quero esquecer da categoría de parellas; esperamos ir consolidando esta nova modalidade ata ter unha participación suficiente como para facer unha carreira exclusivamente para ela.