Mar, 25 Out 2011, 15:33
Asunto: Re: Barefoot
Boas a todos,
eu persoalmente practico o correr minimalista/descalzo (como lle queirades chamar). Concretamente cunhas Vivo Barefoot Ultra ou Newfeel Many. Non fago moitos quilómetros á semana (entre 30-35, deles 3-4 quilómetros completamente descalzo por asfalto) e as miñas consideracións son as seguintes:
- A día de hoxe a ciencia non se pon de acordo sobre a mellor forma de correr. Nen se hai unha forma estándar para tódolos seres humanos.
- Sen embargo, o ser humano leva millóns de anos correndo e só uns 40 anos correndo con zapatillas amortiguadas.
- A velocidade non depende do calzado (Abebe Bikila gañou unha maratona olímpica descalzo e outra calzado). Eu fixen 52 minutos na carreira de Oscar Pereiro do ano pasado con zapas amortiguadas e 53 minutos na Vigo+11 deste ano coas Ultra. Bótolle a culpa ós entrenos pola mellora, non ó calzado.
- O maís importante para min é que cada un reflexione sobre a súa forma propia de correr e que experimente se hai outras cousas para mellorar (ou para evitar lesións/sobrecargas) que simplemente mercar unhas zapatillas/plantillas mellores e que elas fagan todo o traballo.
Só unha cousa máis: colga-las zapatillas amortiguadas e cambiar a minimalismo/descalzo mantendo o mesmo nivel de entrenos e un camiño seguro ó desastre (sei do que falo). Se vos interesa o tema, documentádevos e facede o cambio pasiño a pasiño.
Un saúdo