Dom, 27 Mar 2011, 22:23
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)
Ola Marisqueiros,
antes de deitarme quixera expresar e darvos os parabéns pola organización de esta previa. Os ánimos a tod@s dende o principio, a benvida das dúas compañeiras ( perdoademe, esquecín os nomes >.< ) de chinesas e as sorpresas durante o percorrido disfrazadas de animadoras nos avituallamentos.
Os ánimos e risas dos carros escobas, dos compañeiros sempre cun sorriso coma Banderas e o globiño ao igual que Aguita e en fin Igor que sempre escacho a rir con el aínda que non me afixen ao seu portugués e me perdo a metade das brincadeiras.Rubén na súa moto e controlando que todo estivese ben ademais de facer as fotos.
Tod@s vós Marisqueiros, Auxi, Laura.......
Eu persoalmente quixera darlle as grazas a Antonio e a Fran por acompañarme todo o tempo, dándome consellos e ánimos todo o rato, de como dosificar as forzas, escoitalos falar e disfrutando da paisaxe do percorrido,
Dende logo unha xornada moi especial e para non esquecer na vida. A foto de familia.....
A guinda foi rematala, grazas mil veces grazas ^_^