Mér, 01 Nov 2006, 9:48
Asunto: Reporter insider na pedestre 2006
Cando sain a correr o Domingo so tiña claro que ia ser unha pedestre distinta porque non tiña nela nengunha aspiración deportiva que puidese conquerir así que con participar chegaba.
Correr coa cámara foi un puntazo que me levou a coller o papel de "reporteiro infiltrado", papel que desenrolei durante a proba e ó remate da mesma.
Trascripción da entrevista con Jesus Bernal:
CenG: -Estamos eiqui co fillo de Julian Bernal
-Jesus, Jesus Bernal
CenG - ¿como se plantexa hoxe a carreira?
-Extraordinaria, este año la verdad es que el tiempo nos acompaña y la organización es muy buena. así que esperamos disfrutar de aquí al final de la prueba.
CenG: -Vexo que eres un seguidor da escola de Oscar Pereiro, gran mediatico galego, deportista tí tamén. Contáronos unha cousa, que levas un trebello ahí na muñeca que che dá o ritmo por kilómetro en tempo real. ¿a canto imos agora?
-Ahora vamos a 4'15" y es a la velocidad media habiendo cuestas que quiero ir. A ver la de Vite que tal.
CenG:-moitas gracias.
Aparte do video en grinvi (que teño algo de repelús) abrin conta no YouTube e
o subín alí igual vos vai mellor ós que teñades problemas co outro.
Xa pasada a liña de meta me lanzei...
En primeiro lugar felicitei á 1ª galega clasificada
da que son confesado admirador. Leva unha grande progresión e traballa concienzudamente. Esperamos vela no mais alto dos podios nacionais prontamente.
Logo me crucei con Elena Naveiro; membro "politico" deste foro
Algo cansa pois notou a súa recente participación na maratón de Galicia. Nada que reprocharte Elena, corriche a unha boa media... ¿non é dabondo?.
Mais adiante atopei a unha sonrrinte Xulia Vaquero
Non era para menos, segunda galega e 8º na xeral femenina. Alegrámonos todos os deportistas populares da súa volta as carreiras e pola demostración de que
a casta nunca se perde e a animamos para que siga participando. Estaba satisfeita de como se desenrolara a proba.
A piques de falar coa emisora oficial entrevistamos a Lolo Penas
Que estaba moi contento desta súa
primeira participación na Pedestre na que acadou o 6º posto na xeral e 1º galego quedando a escasos 20" do 2º clasificado. Atopase nun grande estado de forma que tentará manter nas seguintes carreiras do 'calendario galego'.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html