Mar, 29 Mar 2011, 15:04
Asunto: Re: IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OUTES. LIGA11
A verdade é que eu paseino ben o único ano que fun correr a Outes... Lembro unha anécdota co speaker da megafonía, que era un cachondo mental e que te partías con el
E tamén, se non recordo mal, houbera outro detalle con un can solto polo circuito jajajaja non pasou nada, non vos preocupedes, ao contrario... saimos uns minutos máis tarde do esperado porque non daban amarrado ao can
Estivo ben aquelo.
No aspecto lúdico, ten razón Jabato en que Outes está situado bastante estratéxicamente... e ademáis de ter encantos propios (a min gustame o pub "irlandés" da esquina, no cruce) e seguramente sitios para comer estupendamente (non recomendo ningún porque non coñezo), tamén está moi cerquiña de Noia e non lonxe de Muros, así que se fai bo, para facer unha escapadiña coa familia está ideal.
No aspecto deportivo, xa dixen: a carreira non é chan
Despois que ninguén se me queixe... pero tampouco é subir ao Pindo nin ás antenas do Xalo... ten algunha costiña pero das que lle dan encanto ás carreiras
Animádevos, que vos ha de gustar.
E conste que non son de Outes nin me dan comisión!!!!
Veña, saúdos e sorte