Lun, 04 Abr 2011, 9:20
Asunto: Re: 03/04/2011 I Costa-Trail de Oleiros “Seixo Branco”
Impresionado da carreira, do percorrido e da organización. O lugar de costa polo que corrimos é alucinante. Pena que cando íamos polos acantilados houbese que andar vendo onde poñíamos os pés, porque o mínimo fallo era fatal. Haberá que volver en plan senderista, xa que o lugar merece a pena. E tamén haberá que volver a próxima edición, que espero se realice no 2012.
Uns comentarios
constructivos para a organización, á que lle dou unha nota alta:
- Á saída tedes que darlle unha volta, porque o embotellamento que houbo no primeiro quilómetro hai que resolvelo.
- O circuito estaba bastante ben sinalizado, pero houbo un tramo no que un grupo dunhas 20 persoas fixemos un recto por outro camiño impresionante, xa que nun cruce non había nada sinalado. E segundo me comentaron amigos que ían en outros grupos, a eles pasoulles o mesmo. Incluso pode que alguén quitara a sinalizacio?, porque segundo vin no resto do circuito, este estaba moi ben sinalado.
- Non tiñades marcador con tempo final. Non levei reloxo (mea culpa) e ao chegar á meta non fun capaz de que alguén me dixera o tempo aproximado de chegada. Non estaría mal que tivésedes un crono para futuras edicións, anque non é nada imprescindible.
- Tampouco estaría mal que houbese algún cartel intermedio cos quilómetros que levamos recorridos.
- A
ausencia da auga no avituallamento non ten perdón de Dios. Cando cheguei alí e me dixeron que se acabara a auga case me sento e abandono. Eu son dos que só pido auga polo medio da carreira e ao final, non necesito nin camisetas técnicas nin nada máis; pero que se vos acabe a auga... Se o soubera pois levaría comigo un cinturón de hidratación, pero chegar alí e non ter auga...
Ao final non vin ningún niño de Cormorán; pode ser porque ía moi metido na carreira. O que si vin fou uns cantos cans, que supoño que molestarán ao niños tanto ou máis que unha ringleira de corredores en silencio.
E un saúdo ao Administrador da web, que estaba sacando fotos e me recoñeceu pola foto do perfil. Quedeime algo "descolocado" cando me saudou, porque era o último que me esperaba. A próxima vez tomámoslle algo, ao acabar a carreira, claro está
Moi boa a nota de prensa de Medio Rural. Ata non parecen políticos
mediorural.xunta.es/nc...6f36868228