Mér, 06 Abr 2011, 12:44
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede
Dende a organización decirvos que estamos facendo os trámites para que se inclúa no CEG,
aproveito tamén para decirvos que mañá a partir das 12:00 abriremos o prazo de inscrición para as diferentes modalidades (Andaina, Carreira e Btt) das que vaia a constar este evento solidario SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO 2011.
Con este evento esperamos acadar dous obxectivos:
1.- O solidario naturalmente (colaboraremos con Cruz Vermella no programa de préstamo de productos de apoio para persoas con discapacidade ou dependencia).
2.- Promocionar a Serra de San Mamede e os pobos enclavados ó pe da mesma.
O proxecto ofrece un carácter solidario que requerirá a colaboración de todos nós para axudar as persoas con excasa movilidade funcional (facendo a inscrición neste evento estaremos axudando a mercar Cadeiras de rodas, muletas, andadores, trípodes, etc... que despois prestaranse ás persoas que o necesiten, e por outro lado ofrece unha paisaxe moi fermosa da Serra de San Mamede e dos seus pobos.
En definitva o que intentamos é dar a coñecer a Serra de San Mamede e os seus pobos dentro do término municipal de Maceda, existen máis alternativas que a típica subida ó alto de San Mamede (ermida do santo) polo Caudillo.