Lun, 18 Abr 2011, 11:28
Asunto: Re: II Carreira Popular Solidaria Concello da Estrada 2011
Que boa mañán onte na Estrada. O clima acompañou a unha cita que iba moito máis alá da competición e deste mundo das carreiras: o único que importaba era axudar a unha boa causa como membros dun grupo cunha afición común. Así que se a medición da carreira, as camisetas, as duchas, e todas esas "cousas secundarias" non deben de destacar sobre o feito en sí da carreira, onte moito menos ca nunca. Por iso non vou a dicir nada sobre elas.
Pero sí vou a dicir todo o BO, E MOI BO que vin onte:
-A pesares de ser unha carreira solidaria, non cobraron nada na insicrición, deixando á vontade de cada un o axudar. Iso é conficanza no grupo de corredores.
-A pesares de ser unha carreira, convertiron a praza practicamente nun parque de atraccións, donde calquera neno se sentiría feliz, e en consecuencia os seus pais tamén.
-A pesares de ser unha carreira solidaria e gratuíta, obsequiáronnos cunha camiseta, con un bo avituallamento líquido, con duchas "quentes".
-A pesares de ser unha carreira no que o único que importaba era PARTICIPAR, tiveron a deferencia de poñernos control con chip, para maior regocixo do noso ego.
Pero a pesares de todas estas cousas boas e cunha fin tan noble, nós, o grupo de xente cunha afición común, ó que só se nos pedía facer o que máis nos gusta para axudar, imos e só recalcamos os detalles negativos, as parvadiñas de sempre, que se nunca teñen importancia, onte a tiveron menos ca nunca.
Totti e
compañía (Concello, voluntarios, institucións, etc.) a miña máis sincera gratitude polo que fixéchedes polos nenos, e por nós.
O ano que ven, contade comigo.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es