banderas escribió: |
Pois eu esta ano un pouco peor que o ano pasado en todos os aspectos, pero non tanto como para pensar que foi un fracaso.... ademáis de que por fin conseguimos tirar unha foto con bastantes foreiros ![]() ![]() Primeiro porque fun solo toda a carreira, mentres que o ano pasado fun ata o km. 25 de palique con Papabaloo (Canto che botei de menos, rapaz!). Segundo porque, así como o ano pasado me atopei estupendamente nos derradeiros km. este ano estaba canso... moi canso... supoño que ir todo o rato acelerando e parando de tanto adiantar xente terá algo que ver... xa que a miña posición de partida foi 4579 mentres que o ano pasado foir a 2689. Toda esa xentiña que tiven que ir sorteando ata o km. 10 supuxo un esforzo extra e un zigzagueo constante que rematou pasado factura a partires do 35. Teceiro, porque o temo neto foi superior ao de 2010 (de 3h. 29' 26'' pasei a facer 3h. 35 ' 23'')... o que non signfica que non estea contento. Creo que fixen unha maratona bastante equlibrada, que cmoecei con calma pero na que partín de demasiado atrás.... detalle que marcou todo o camiño. En todos os parciais fun adiantando máis xente da que me adiantaba (subindo como mínimo unhas 150 posicións en cada tramo). Sobre a carreira, en xeral, non hai queixa. O dorsal levanteino en 5 minutos e comprobei o chip noutros 2, din unha volta ridícula pola feira do corredor máis que nada por ver o ambiente. Cecais o peor de todo sexa que a saída non é por caixóns de saída ben feitos, senón como na Vig-Bay, onde o primeiro que se coloca é o primeiro que sae. Fun pouco fino e paguei un prezo demasiado alto... penso eu... porque o resto das cousas fíxenas bastante ben: bebin en todos e cada un dos avituallamentos (en case todos fíxeno das dúas cousas : auga e isotónica), comín (duas das tres cousas que levaba... máis que nada porque deixei as botelliñas do cinto de hidratación a sabiendas de que había avituallamentos abundantes e frecuentes). A chegada moi ben organizada, como sempre, e cantidade de cousas para comer, beber (esa cañita de cervexa sen alcol mentres estiraba sentoume de medo), entrega de bolsas... algo lenta a pesares de ter tanta xente nas tendas militares... e iso que saín bastante rápido. Bueno, como dí o outro, xa teño unha maratona máis na buchaca. Vindeira parada na distancia, a maratona nocturna de Bilbao, da que me quero sacar a espiniña do ano pasado, cando me retirei no 30 para evitar unha lesión maior. Vemonos nas carreiras!!!! |
banderas escribió: | ||
Como no vou contar o mesmo dúas veces, ahí vos vai a miña crónica do de onte:
|
linkinpark escribió: |
Buenas,recuperando del intenso fin de semana.. xx ... y no se que tal le fue a Cacho en A Estrada,pero con lo fino que esta,seguro que bien... ![]() ![]() |