Lun, 18 Abr 2011, 6:46
Asunto: Re: MAPOMA 17-04-2011
Pois eu esta ano un pouco peor que o ano pasado en todos os aspectos, pero non tanto como para pensar que foi un fracaso.... ademáis de que por fin conseguimos tirar unha foto con bastantes foreiros
Rubenigui,
Jecarqui co seu irmán,
Govi,
Khene e mais eu.
Primeiro porque fun solo toda a carreira, mentres que o ano pasado fun ata o km. 25 de palique con
Papabaloo (Canto che botei de menos, rapaz!).
Segundo porque, así como o ano pasado me atopei estupendamente nos derradeiros km. este ano estaba canso... moi canso... supoño que ir todo o rato acelerando e parando de tanto adiantar xente terá algo que ver... xa que a miña posición de partida foi 4579 mentres que o ano pasado foir a 2689. Toda esa xentiña que tiven que ir sorteando ata o km. 10 supuxo un esforzo extra e un zigzagueo constante que rematou pasado factura a partires do 35.
Teceiro, porque o temo neto foi superior ao de 2010 (de 3h. 29' 26'' pasei a facer 3h. 35 ' 23'')... o que non signfica que non estea contento. Creo que fixen unha maratona bastante equlibrada, que cmoecei con calma pero na que partín de demasiado atrás.... detalle que marcou todo o camiño. En todos os parciais fun adiantando máis xente da que me adiantaba (subindo como mínimo unhas 150 posicións en cada tramo).
Sobre a carreira, en xeral, non hai queixa. O dorsal levanteino en 5 minutos e comprobei o chip noutros 2, din unha volta ridícula pola feira do corredor máis que nada por ver o ambiente. Cecais o peor de todo sexa que a saída non é por caixóns de saída ben feitos, senón como na Vig-Bay, onde o primeiro que se coloca é o primeiro que sae. Fun pouco fino e paguei un prezo demasiado alto... penso eu... porque o resto das cousas fíxenas bastante ben: bebin en todos e cada un dos avituallamentos (en case todos fíxeno das dúas cousas : auga e isotónica), comín (duas das tres cousas que levaba... máis que nada porque deixei as botelliñas do cinto de hidratación a sabiendas de que había avituallamentos abundantes e frecuentes).
A chegada moi ben organizada, como sempre, e cantidade de cousas para comer, beber (esa cañita de cervexa sen alcol mentres estiraba sentoume de medo), entrega de bolsas... algo lenta a pesares de ter tanta xente nas tendas militares... e iso que saín bastante rápido.
Bueno, como dí o outro, xa teño unha maratona máis na buchaca. Vindeira parada na distancia, a maratona nocturna de Bilbao, da que me quero sacar a espiniña do ano pasado, cando me retirei no 30 para evitar unha lesión maior. Vemonos nas carreiras!!!!