Mar, 07 Nov 2006, 10:14
Asunto:
Hola: Pois eu teño o Dorsal 1201. Espero poder ir, xa que non puden correr no meu Grove nin en Santiago por motivos laborais. O Domingo reaparecerei, ¡dende 1989 que foi a miña última proba! en Negreira e espero que na casa me deixen ir á San Martiño, xa que ese día cumprirei 50 anos... Evidentemente con rematar con boas sensacións e sin ter que acudir ó Servicio de Urxencias cunha fibrilación auricular, toca madeira que xa levo 5 ou 6 meses sin ir alí, xa estarei moi satisfeito. Evidentemente estas duas probas decidirán si podo voltar a competir sin peligro ou me teño que conformar con rodar sin acudir ás probas. Tamén dependerá de que as tome con filosofía, corréndoas a "medio gas", que máis vale facer un par de minutos máis que ter que ir a urxencias e arriscarme a que os médicos me digan que non corra. Dende que estou con tratamento antiarrítmico (Maio), ademáis do Sintrom, non voltei a ter problemas e estoulle metendo un día á semana series de 1 minuto, outro día rodaxe a ritmo "alegre" e un día rodaxe longo, entre hora e media á duas horas. Os demáis días non paso de unha hora ou hora e dez minutos, cómodo, máis un día de descanso total á semana. Baixei dende Maio dos 88- 90 kilos ós 76 actuais, pero quero chegar a menos de 70 e o meu pulso en reposo agora está en 32 pulsacións. Estou como un neno con zapatos novos e disfrutando cada día da minha carreira, moito máis que cando era un corredor competitivo, agora feliz de ser un popular máis despois de ter pensado que non podería voltar a correr nunca máis. Saudos a todos e nos vemos en Negreira...
Alejandro López.
Alex