Mar, 05 Dec 2006, 1:38
Asunto:
Proyectodeironman, vin o tema que creaches xa días atrás, cando entrei no foro para promocionar a carreira pedestre que se fai en Vedra, botando unha ollada ós distintos temas, e tiña gaña de escribirche para animarte no teu cometido.
Para empezar non fagas caso dos que che escriben que un ironman é unha excentricidade e que se necesitan moitisimas horas para preparalo. Ã? MENTIRA......
Digoche esto con coñecemento de causa. Eu fun fínisher o ano pasado en Lanzarote o 20 de Maio, empezando a entrenar a mediados de xaneiro, e sen ter unha base física espectacular. Nadaba, facía bici e corría sen participar en competición algunha ata o mes de marzo do mesmo ano. Cheguei a Lanzarote con 70 km nadados, 2400 km de bici e 400 a pe, como bagaxe de adestramentos. Posteriormente participei no Homedeferro en Ibiza, pero é menos distancia e ata che parece asequible, sen punto de comparación co ironman.
Non sei cal é o teu obxetivo, pero dentro dos triatletas de larga distancia, o igual que noutros deportes, como poden ser o atletismo......, hai dous tipos de competidores, os que van a gañar (profesionais, elite), que se adican en corpo e alma a esa fin, e os que van a rematar, facer marca personal ou cumplir o seu obxetivo fixado. Ã? tan Ironman o que remata unha destas probas nos postos de privilexio dedicandose por enteiro o entrenamento do mesmo, como quen compaxina os adestramentos coas suas tarefas diarias: traballo, atención á súa familia, etc, e consegue "soamente" rematalo.
Outras das cousas fundamentais é sentirte realizado co que fas. Personalmente disfruto moito máis nunha proba de larga distancia, que nun triatlón ou duatlón sprint. Por iso quero decirche que se non vas a disfrutar dos entrenamentos, e incluso o día da proba, costarache moito mais.
Para un ironman abonda con ser capaz de nadar un kilómetro en mais menos 20 minutos, correr 10 kilómetros a 5 min/km, e rodar a 60 kilómetros en 2 horas. O resto e soamente cuestión de coller fondo paulatinamente entrenando. Eu dende logo que non é nin unha excentricidade nin nada imposible.
Polo que respeta os distintos Ironman tes soamente dous en España, o de Lanzarote (da WTC), e o Ironcat en Cataluña, pero fora da franquicia. Outra opción é Europa, tes Niza(dín que rompepernas na bici), Suiza, Frankfurt, Inglaterra...(todos eles da WTC), e fora da franquicia pero con gran solera está o EMBRUNMAN e ROTH. Penso que calquera deles é un bo sitio para debutar. Todos eles contan con gran tradición agás o Ironcat, ainda que por proximidade poida ser o que máis che conveña, pero ten un inconvinte, segun me dixeron, que fas a proba case que en soledade, participan preto de 100 triatletas, pero dín que así tamén se atopa a esencia da loita contra un mesmo. Ti mesmo decide, dín que os centroeuropeos están moi ben organizados é Lanzarote é polo vento no percorrido ciclista, e diferencia en altitude, con un sumatorio de 2500 metros de desniveles, o máis duro do mundo, incluso máis que Hawai.
Nas probas da franquicia prima o económica, e realmente é para eles un auténtico negocio, que ademáis non esconden. Pero o que si é certo é que están ben organizadas.
En canto a adestramentos, habería que ver cales son os teus obxetivos, e do mesmo xeito o tempo e horarios dos que dispós. En principio, e tendo en conta de que vais ó que vais non vai ser antes de Maio, abonda con que vais metendo kilometros. Podes empezar por entrenar 3 días e decansar 1. Iso poderías facelo ata xaneiro, coas distancias que ti queiras aumentandoas progresivamente e sen machacarte moito. En canto ás modalidades vai facendoas de xeito aleatorio, cada día sua. Xa en Febreiro, Marzo, Abril, deberías pasar a facer doble sesión un día (carreira, natación), sesión única outro (bicicleta), descansando un día por semana. Eu recomendoche que acudas a algún duatlón corto, para facer algo de entrenos de calidade, e que nos adestramentos cotiáns soamente metas kilometros. Xa nas ultimas tres semana deberás ir baixando progresivamente un 25% cada semana a carga de traballo, e o conocido como tapering, que che permitirá chegar fresco á proba.
De todos modos na paxina
www.aguaverde.org, podes seguir os adestramentos de Pablo Cabeza (Portsea), un autentico ironman finisher en Lanzarote, hawai... que ademáis é entrenador profesional é leva a preparación de moitos triatletas.
Eu aconselloche que non intentes facer os adestramentos de ninguen. Os horarios e o corpo de cada persoa é un mundo, e nunca esquezas que un IRONMAN Ã? UNHA PERSOA QUE ADEMAIS DE SER FINISHER, SACA UNHA FAMILIA ADIANTE, sen descoidar os seus quefaceres diarios e combinandoo cos adestramentos. Na páxina
www.ironmanlanzarote.com, en esperiencias Ironman tes os relatos de moita xente normal e corriente que se fixa o reto de rematar un ironman e o acada.
Polo que a min respeta este ano seguramente faga o ironcat, o 5 de maio, e Niza o 24 de xuño. Se te animas a algún deste respostame neste foro, e mesmo podemos poñernos en contacto por se decides facer algun destes. Para o que precises conta coa miña axuda.
Xa para rematar podo decirche que a sensación que se ten no último kilómetro dun ironman, e no momento de cruzar a meta, é algo impresionante, que non creo que se sinta en ningún outro deporte.
Ãnimo con eses entrenos, e pensa que o reto merece a pena.