Sáb, 23 Abr 2011, 19:04
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular de Pascua de Padrón
Estupendo día para correr esta mañán en Padrón, o ambiente foi inmellorable e a organización perfecta.
Só darlle as gracias a
lestrove e a
yomismo pola axuda prestada, eles saben o porqué. Non tiven oportunidade de coñecer a
lestrove pero sí a
yomismo , foi un pracer.De ti non me olvido
lestrove , buscareite na carreira de O Pino.
Lástima que non puiden baixar de 1 hora o meu tempo, sobroume 1 minutiño de nada... Por certo, un saúdo ó rapaz de Ribeira que me acompañou e animou no último km, dorsal 91, quedoume gana de falar con él un ratiño máis.
Tan só un pequeno percance: en vez de pezóns agora teño estalactitas!!!
Que maneira de botar sangue, e iso que botei ben de vaselina... Empecei a carreira cunha camiseta amarela e ó acabar tiña unha da selección española.
Pois iso é todo, para o ano máis nestas acolledoras terras de Rosalía e Cela