Foros ›
Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
rois

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/04/06
0 Carreiras
77 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Abr 2011, 8:12
Asunto: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

O vindeiro sábado 7 de maio celébrase unha nova edición desta carreira tan familiar, polo que xa se poden facer as inscricións en: concelloderois.deportes @ gmail.com indicando.

NOME APELIDOS, DATA DE NACEMENTO E IDADE, DNI, ENDEREZO E CLUBE SI PROCEDE.

Un saúdo e aquí vos esperamos como en anos anteriores.
rois

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/04/06
0 Carreiras
77 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Abr 2011, 8:03
Asunto: Re: CARREIRA POEDESTRE DO S. ISIDRO. CONCELLO DE ROIS 2011

CATEGORÍAS CARREIRA PEDESTRE DO S. ISIDRO. CON CELLO DE ROIS.

CATEGORÍAS MASCULINAS:


PITUFOS (0-4anos): 25 m
A (5-8anos): 800m
C (9-12 anos): 1500m
E (13-16), G (17-25), I (26-35), K (36-40), L (41-49), M (50-59) e
N (+60): 7100 m.

CATEGORÍA FEMININAS:

PITUFAS (0-4 anos): 25m
B (5-8): 800M
D (9-12): 1500M.
F (13-18), H (19-35), J (36-49) e P (+50): 7100m.


PREMIOS:

Para o 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
Haberá camisetas para todos/as os/as participantes.
Habilitaranse duchas no Pavillón Polideportivo Municipal.

[b]INSCRICIÓNS:

concelloderois.deportes @ gmail.com
981816061 de 09:30h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.
evarist

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/02/09
0 Carreiras
502 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Abr 2011, 16:51
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

Alí intentarei estar este ano non che fallo,un saudo.
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Abr 2011, 21:57
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

a que hora e aprox a a carreira de adultos porque como faga o calor do ano pasado...
maikel

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/11/03
0 Carreiras
1062 Mensaxes
O Burgo
Respostar citando Envío Dom, 24 Abr 2011, 8:11
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

¿Onde esta Rois exactamente?
madytos01

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
1/04/08
115 Carreiras
207 Mensaxes
SCQ
Respostar citando Envío Dom, 24 Abr 2011, 10:55
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

maikel escribió:
¿Onde esta Rois exactamente?

Ola maikel, se non cambiaron o lugar da saída desde que fun eu e vendo que a túa ubicación é A Coruña, creo que o xeito máis fácil de chegar ó lugar da saída da carreira é collendo a AP-9 ata Padrón, alí diríxeste dirección Santiago pola N-550 e ó pasar 2-3 km atópaste co Hotel Scala que ten diante unha rotonda ben visible. Na rotonda colles a 2ª saída, cara a esquerda, (A 1ª saída é como se seguiras a Stgo) e segues por ese vial ata que remate, outros 2 km. Ó final dese vial colles á dereita e tiras por esa carretera (AC-301) uns 5 minutiños ata atoparte coa igrexa de San Mamede (Se non me equivoco no nome), que é onde sae a carreira. Antes de chegar á igrexa de San Mamede pasarás por diante da Casa do Concello de Rois e polo lugar de Os Dices, despois hai unha costa abaixo e á dereita desde a carretera xa ves a igrexa.

Se vés desde Santiago, o Hotel Scala está a 15 km e na rotonda que che dixen terías que coller a 1ª saída, cara a dereita. O resto sería igual.

Que alguén confirme as indicacións porque eu só fun 1 vez a esta carreira hai 3 anos
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Abr 2011, 15:12
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

as indicacions estan correctas ,ben explicado
maikel

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/11/03
0 Carreiras
1062 Mensaxes
O Burgo
Respostar citando Envío Dom, 24 Abr 2011, 19:35
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

MOitas gracias polas explicacións. ¿qué tal e a carreira? ¿dura?
carbaslot

Maratoniano
Maratoniano
19/01/09
0 Carreiras
272 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Abr 2011, 13:03
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

A que hora es la carrera de adultos?
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Abr 2011, 21:26
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

pois maikel quen dixo que correr era facil... se non cambian o recorrido sales picando en subida e despois hai continuos tobogans despois se mal non recordo baixada,llaneas e a continuacion volves a picar en subida pa acabar picando en baixada se me equivoco que me corrixa alguen ah e se fai o calor... que fixo o ano pasado xa e o acabose
rois

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/04/06
0 Carreiras
77 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2011, 8:45
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

Efectivamente o percorrido é o mesmo que o dos anos anteriores.

A xornada comeza ás 18:30h Polo que a carreira de adultos será ao redor das 19:15h.

Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, 1º e 1ª da xeral e 1º e 1ª local, ademais de camisetas para todos os participantes.
Tamén haberá duchas.

Pódese inscribir ata 1h antes do inicio da proba.

Un saúdo e vémonos o sábado.
rois

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/04/06
0 Carreiras
77 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2011, 9:16
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

DATOS DEFINITIVOS DA PROBA:

XXIII Carreira Pedestre Popular
do S.ISIDRO.
Concello de Rois

*DATA: sábado 7 de maio de 2011.

*HORA: 18:30h da tarde.

*LUGAR: Campo da Festa de Rois (Igrexa de S. Mamade).

*CATEGORÍAS

MASCULINAS: DISTANCIA: HORA:

- PITUFOS (0-4 anos) 25m 18:30h

- A (5-8anos) 600m 18:45h

- C (9-12 anos) 1500m 19:00h


- E (13-16 anos)
- G (17-30 anos)
- I (31-40anos) 7100m 19:30h
- K (41-50 anos)
- L (51-60 anos)
- M (+60 anos)

FEMININAS: DISTANCIA: HORA:

- PITUFAS (0-4 anos) 25m 18:30h

- B (5-8 anos) 600m 18:45h

- D (9-12 anos) 1500m 19:00h


- F (13-18 anos)
- H (19-35) 7100m 19:30h
- J (36-49 anos)
- P (+50 anos)

TROFEOS: 3 PRIMEIROS/AS DE CADA CATEGORÍA E TROFEO AO PRIMEIRO/A XERAL. TROFEO PARA O PRIMEIRO/ ATLETA LOCAL.
TAMÉN HABERÁ CAMISETAS PARA TODOS OS PARTICIPANTES.
HABERÁ DUCHAS PARA OS/AS ATLETAS.
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2011, 12:55
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

eu son do 94, de momento teño 16 anos pero en diciembre deste ano cumplo 17, en que categoria entro?
ageitos

Montañés
Montañés
11/10/10
0 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Mai 2011, 14:18
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

moi pouco movemento para esta carreira non????? Eu tiña pensado ir pero non o vexo moi claro..... hay lista de inscritos? pq eu enviei o correo fai uns dias pero non sei se o recibiron corectamente ou non pq non tiven resposta....
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Xov, 05 Mai 2011, 14:57
Asunto: Re: Carreira Pedestre do San Isidro. Concello de Rois 2011

Ola, son corredora pero tamén son voluntaria de Protección Civil de Rois e síntome na obriga de NON ASISTIR á carreira como REPULSA, porque dende a Alcaldía se nos está a ameazar, a insultar e incluso a calumniar dicindo auténticas barbaridades, que dende a miña persoa NON ACEPTO e menos cando todo isto se fai especialmente contra o Xefe de P.C.de Rois que é o meu home. O voluntariado de P.C. sempre colaborou desinteresadamente con tódalas actividades e actos que se propuxeron dende o Concello e asociacións, pero agora o interés do Sr.Alcalde do PP é disolvernos como grupo e meter aos seus "amigos" cobrando. Como esta Agrupación NON quere entrar nesa farsa, se nos empeza por retira-los vehículos do 112 que xa non usamos dende decembro do ano pasado; e agora pretende inxuriar ó xefe de P.C. por ser, ademais, o home dunha concellala da oposición (a que vos escrebe).
Esta agrupación é de voluntarios/as e non vamos asistir á carreira de San Isidro porque temos que poñer os nosos coches particulares cando os oficiales están nas mans dos empregados de obras do concello. Lamentamos que teñan que sofrir xustos por pecadores, pero quero que comprendades que na miña casa tamén temos corazonciño e somos boas persoas e non permito que dende "o poder" se vaia contra toda unha familia porque ésta non teña cartos para defenderse no xulgado.
Pido perdón e dou as grazas ó administrador desta páxina, pero así é a única maneira de que a xente sepa a verdade porque nos xornais isto,no o poñen. Quenes me coñecen ben, saben que todo isto é así.
Vémonos en O Pino¡¡





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos