Lun, 25 Abr 2011, 7:06
Asunto: Re: 1ª Carreira Solidaria da Auga
Proba que percorre un un dos mellores areais galegos (Area Loura), adéntrase en Montelourido (sombra, repeitos, estrada semperteante, ..) e chega ata o Esteiro da Foz do Rio Miñor.
Os que coñecemos ben estes espazos non os valoramos na sua xusta medida, pero é un privilexio para os sentidos correr por aquí.
A distancia adecuada, ben sinalizada, e sobre todo moita moita participación popular, onde destacaban os numerosos nenos que correron nas distintas categorías. Algúns fallos houbo, pero entendibles por ser a primeira edición.
Sería unha excelente nova para os populares que se consolidase no calendario.
E certo tamén que ao chegar á liña de saida tiven morriña do desaparecido "Memorial Mario Puentes" unha das carreiras mais singulares e fermosas (pola mesma area da praia) que se corría sempre o 2º ou 3º domingo de agosto.
A Nosa Terra é moi plural: temos serras, chairas, cidades, pobos, aldeas, praias, dunas, que permiten todo tipo de carreiras. Aquí está a maxia: a diversidade. Pois ben, debemos aproveitar esta circunstancia para facer carreiras diferentes..