Foros ›
Carreira Popular Río Mao en Bóveda
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Abr 2011, 22:06
Asunto: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Moi boas a todos.Abrimos este fío no foro para informar de que a Asociación Cultural Horticelos de Bóveda (Sur da provincia de Lugo )organiza a cuarta edición da carreira popular "RIO MAO"o vindeiro 29 de Maio en horario matutino.Pouco a pouco iremos informando de todos os aspectos importantes,pero adiantar de que como ven sendo habitual teremos carreiras para nen@s,en distintas distancias e categorías,e tamen unha proba absoluta de 7,4Km.
No tocante os premios,somos unha Asociación humilde,e non podemos afrontar mais ca unha boa e completa bolsa de corredor con camiseta técnica incluida para os participantes da proba absoluta,e distintos agasallos para os mais novos.Tamén distintos trofeos nas distintas categorías,tanto masculinas como femeninas.
Tentaremos que sexa puntuable para o circuito de correrengalicia,e poñer todo o noso empeño e ilusión para que todos os participantes leven unha boa impresión da carreira.
Todas as dubidas en canto a circuito e demais pormenores da carreira que teñades,neste foro tentaremos aclaralas.
Graciñas a todos,e agardamos a vosa participación
Saudos
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 20 Abr 2011, 10:14
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

Muy buena carrera, bien organizada picasaweb.google.com/l...directlink y en un lugar con amplias zonas arboladas picasaweb.google.com/l...directlink * picasaweb.google.com/l...directlink * en cuanto a los premios, eso es secundario y valoro tanto la medalla que da una Asociación "humilde" como el mas preciado trofeo de una Entidad "rica" picasaweb.google.com/l...directlink *

Esperemos que sea puntuable en el Circuito Satisfecho

saludos,

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 20 Abr 2011, 20:02
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

Efectivamente, unha carreira popular 100%. Eu o ano pasado non fun porque coincidiu creo lembrar coa media maratón da Coruña, pero sí estiven en Bóveda no 2009 e podo dicir que o ambiente é puramente popular, con moi bo trato ós corredores, con un circuido entretido (algunha subida, pero nada agobiante), e -naquel ano- con unha festiña post-carreira que nese ano viuse algo afectada pola climatoloxía, pero na que estaba claro que a xente de Bóveda votou toda a carne no asador (nunca mellor dito Sorriso ). Se non vos colle moi lonxe, recomendable.

Eu, dende logo, farei por estar; aproveitaremos para facer a viaxe periódica a Monforte, e dende alí é un pasiño.

Saúdos, e sorte para todos.
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Abr 2011, 23:32
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

Hola a todos.Veño de leer o post de "dejemonos de criticar y corramos" e como vexo que tivo moito exito,escribo neste "meu" post para decirvos que son corredor popular dende hai ben anos,que tamen estou rexistrado en correrengalicia dende hai tempo,pero non me prodigo moito en mensaxes,e recalcar.que aparte de corredor dos ruins,estou metido na organización desta carreira.Eu animo a todo o mundo a participar nesta carreira popular,popular onde as haxa.E todo un mundo organizar medianamente unha artistada destas,que si xa estamos a voltas cos permisos de corte de estradas,o seguro,a bebida etc etc e sempre se cometen erros,e mais cando tes unhos presupostos irrisorios.A nos dende logo,non nos importan as criticas constructivas,si esta na nosa man e no noso peto mellorar,pois adiante,pero si que todos os corredores deberiamos se cadra estar inmersos na organización dalgunha carreira,para darnos conta do latoso que pode chegar a ser.Como corredor,estou encantado que no meu pobo se celebre unha carreira popular,na que ninguen ten que pagar nada por vir correr,a ainda por riba pode quedar a picar algo de panceta tamen de balde nun fermoso paraxe a pe do rio Mao.E tamen como corredor estou encantado de que cada fin de semana haxa carreiras dabondo para elexir onde correr.Penso que isto e un luxo,pero para que haxa esas carreiras,alguen(mellor ou peor) ten que organizalas.
Saudos a todos e lembrade de vir correr a Bóveda jeje
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Mar, 26 Abr 2011, 15:50
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

+1 Aplauso
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mar, 26 Abr 2011, 17:07
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

¿Teneis una dirección de correo o una página para hacer las inscripciones?

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Abr 2011, 19:02
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

estamos ultimando uns pequenos flecos de categorías,en cuestion de horas colgaremos toda a información necesaria.Será similar a dos anos anteriores,mediante correo electronico,ou chamando a un fixo,pero para non liar a `persoa que atenderá o telefono,imos agardar a ter todo clariño.
De todos modos gracias polo interese,e xa sabedes que todo este "tinglao",será gratutito,e que o rematar celebramos unha pancetada popular para todos os que se queiran quedar.
Gracia e saudos
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Mar, 26 Abr 2011, 21:38
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

X-Trave escribió:
o rematar celebramos unha pancetada popular para todos os que se queiran quedar.

Sorriso A iso me refería no meu post anterior cando poñía que Bóveda botou toda a carne no asador con esta carreira Sorriso Pero non quixen dicilo clariño, por se iste ano o presuposto non daba para pancetadas... No 2009, que foi o único ano que corrín por Bóveda, non puiden quedar ao final, ademáis de que chovera mogollón, supoño que te lembras X-Trave, si correches aquél ano... Eu acabei feito unha sopa, pero os que tiveron máis mérito foron os cativos, porque recordo que a eles precisamente ainda lles choveu máis! Aplauso En calquera caso, o dito: unha carreira popular-popular, con percorrido por lugariños/parroquias do concello nunha soa volta de algo máis de 7 km, se non lembro mal, con salida e chegada nun bonito lugar moi perto do río, e con un pobo bastante volcado e iso que aquel ano, como digo, o tempo invitaba máis a quedar na casa...

Se non hai novidade, alí estaremos.
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Mar, 26 Abr 2011, 21:55
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

Ahhh! un comentario explicativo a modo de exemplo do que eu chamaba máis arriba unha carreira "popular-popular", para que ninguén se faga falsas expectativas:

* Nada de chip
* Dorsal de cartulina, sin plastificar e co número escrito a rotulador
* Clasificacións que igual tardan en aparecer publicadas, ou non aparecen

Falo de cando eu fun, no 2009; non sei se o ano pasado cambiou moito a cousa, a ver qué comenta a xente se algúén foi no 2010. No 2009 creo lembrar que finalmente non apareceron clasificacións en Correr en Galicia; eu souben o meu tempo porque o preguntei ao acabar á xente que cronometraba, e porque logo recibin un correo indicandome o meu posto, etc.

Comento isto porque igual estamos moi acostumbrados xa a ouotros medios: que si ChampionChip, que si dorsais aos que apenas lles afecta a choiva, que si aos 15 minutos de rematar tes as listas perfectamente impresas nun taboleiro e esa misma tarde publicadas en algunha web... Pois ou moito cambiou a cousa en Bóveda dende o 2009, ou olvidádevos de todo iso: alí imos a correr, a disfrutar dun bo ambiente, a picar algo ao final cos correlegas se nos dan... e eu, que ese ano cheguei co dorsal na man, medio desfeito -o dorsal, digo; eu algo mellor, non moito Guiño - dende o km 2 ou 3 pola auga que caeu, moi agradecido; o resto son exquisiteces que temos que recoñecer que gustan, pero que non son imprescindibles: somos runners, non? pois corramos.

Espero que a xente de Bóveda non considere este post inconveniente, pero tampouco estaría ben que os posibles asistentes esperaran o que non van a ter, ou algunhas cousas ás que xa imos estando acostumados. Aínda que igual xa o ano pasado cambiou todo e ista carreira fíxose máis "estándar"... En realidade, estou tratando de evitar comentarios críticos post-carreira por cousas como as que acabo de citar.

Veña, saúdos para todos e bós entrenos.
taconeti

Maratoniano
Maratoniano
16/11/09
262 Carreiras
370 Mensaxes
LUGO
Respostar citando Envío Mér, 27 Abr 2011, 6:28
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

El cambio de fecha me viene genial, la corrí en el 2009, y el año pasado falté porque me coincidió con la Medio de Coruña. Así que este año contad conmigo nuevamente.
Un saludo y muchas gracias por seguir organizando carreras para que podamos disfrutar cada fin de semana, todos sabemos el esfuerzo que supone.
Nos vemos el 29.
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2011, 19:03
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

taconeti escribió:
El cambio de fecha me viene genial, la corrí en el 2009, y el año pasado falté porque me coincidió con la Medio de Coruña. Así que este año contad conmigo nuevamente.
Un saludo y muchas gracias por seguir organizando carreras para que podamos disfrutar cada fin de semana, todos sabemos el esfuerzo que supone.
Nos vemos el 29.

Ah, yo la tengo en mi calendario el sábado día 28 de Mayo y el 29 tengo hecha la inscripción en la carrera de Gondomar ¿Cuál es la fecha definitiva?

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2011, 21:52
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

hola boas.A carreira é o domingo 29 de maio
saudos
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mar, 03 Mai 2011, 10:07
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR RIO MAO EN BÓVEDA

Pues en algún sitio tuve que ver anunciada esta carrera para anotarla en mi calendario para el día 28 picasaweb.google.com/l...directlink

Ahora, al estar inscrito en Gondomar www.cronotec.es/ver_in....php?id=83 , debo cumplir con la mencionada inscripción y lamento muchísimo no poder asistir este año a vuestra carrera que recomiendo a todos los que no habeis ido y en la espero participar el próximo año.

saludos,

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Mai 2011, 21:28
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Boas a todos.
Salvo erro informático,xa esta colgada a información no calendario.
O tema das categorías e distancias saiu un tanto descolocado,era unha taboa de word e o colgala desencaixouse un pouco,pero por aquí andaremos para resolver dúbidas.saudos
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 22:51
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Hola boas,xa esta ben colocado o tema das categorías.
recordarvos a todos que a carreira esta incluida no circuito de correr en Galicia e que xa esta aberta a inscripción
Saudos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos