Sáb, 30 Abr 2011, 15:14
Asunto: Re: CARSantiago
Botando unha ollada á última semana no foro, véñenme á cabeza dúas cousas:
1ª desexarlle a aurame unha pronta recuperación, de seguro que axiña estará disfrutando coas zapatillas postas, iso sí, sen presas, que xa que non empezamos moi novos neste deporte tampouco nos van entrar ahora as urxencias por mellorar.
2º Que non se me malinterprete, pero tranquilízame que os meus compañeiros do aviaman estén algo cansos. Explícome, eu esta semana estiven literalmente fundido, non é que me entrasen ganas de parar un par de días coma a Piki, senon literalmente de dar por concluida a temporada e disfrutar do bo tempo na praia en vez de enriba da bici.
Bueno rapaces, supoño que o fin de semana cañero e algún que outro exceso acabou provocando o inevitable, así que levantar o pe uns días e xa volverán as boas sensacións. No meu caso o xoves foi un día horrible, tiña calidade, pero fixen 40' de trote cochinero e pa casa sen poder cos h... Venres busquei compañía para facer o entreno, porque se chego a ter que ir solo e cas poucas ganas que tiña volveríame a sair unha m... Por sorte hoxe xa me vou atopando moito mellor, fixemos unha saída de 3h40' en bici con algunha que outra subida e bastante ben.
Levamos pouco tempo adestrando, pero por sorte ou desgracia estas sensacións xa as imos coñecendo e xa sabemos que con un pouquiño de descanso e un bo colacao as pernas volven a responder, así que NON DESESPEREMOS!!
Bueno aficionado, xa sei que a ti este último párrafo non che é aplicable, pero bueno, espero que algún día nos contes o secreto da eterna forza.
Un abrazo a tod@s