Ven, 29 Abr 2011, 18:05
Asunto: Re: Los Omega 5
OOOOOOla a todos, perdoade por estar tanto tempo sen dar sinais de vida, pero levo unhas semanas que, entre que tíven , consecutivamente, un trancazo de gripe que me parou unha semana e unha contractura no dorsal da espalda que me parou dez días, desconectei bastante; e agora, cando estaba reiniciando os entrenos e as carreiras (participei nos 10 qms do MAPOMA, a Maratón de Madrid, cuns colegas e compañeiros de traballo), volvín romper a pasada fin de semana na carreira da Pascoa de Padrón; deume un pinchazo o xemelo esquerdo ao pouco de empezar e sen completar sequera 400 metros decidín parar por precaución. Arestora estou de baixa laboral, a ver se o martes cunha ecografía descartan que teña rotura fibrilar, aínda que en principio semella contractura.
Así que, de momento parado e con poucas perspectivas de retomala actividade deportiva en alomenos 20 días(con rotura fibrilar o tempo de recuperación será maior).
E os demais, qué? Qué contades
?