Dom, 01 Mai 2011, 22:16
Asunto: Re: Carreira Popular San Telmo 2011 - Tui
Noraboa á organización pola proba, todo perfecto, nada que reprochar, percorrido variado e entretido (saída cha, pequena subidiña, longa baixada kamikaze, tramo practicamente chan e en parte polo paseo fluvial, pequeno repeito de novo, outro trociño chan e subida final cara a Corredoira), perfectamente sinalizado, avituallamento final, clasificacións rápidas e boa compañia do amigo da organización en bicicleta durante boa parte da proba (ademais do meu compañeiro de clube, o gran
Safardatxo, que pouco a pouco vai volvendo.....). Para ser a primeira da nova directiva está mais que ben, ogallá que se consolide e algún ano tamén poidades recuperar a subida ó Aloia...
En canto a miña carreira, e tendo en conta o esforzo de onte á tarde en Corrubedo, non estivo mal, conseguin facer toda a proba sen camiñar (agora é cando podo dicir que unha costa en asfalto é moito mais levadeira que unha por monte....) e sendo bastante constante (apenas 1' de diferencia entre as dúas voltas). Seguimos sumando kilómetros!!!
Se eu puiden, ti tamén...