Lun, 16 Mai 2011, 21:18
Asunto: Re: X Carreira Concello de Moaña
Que gran carreira o sábado en Moaña. E iso que as cousas non empezaron ben. Unha sucesión de situacións encadenadas sempre no mesmo sentido (negativo), que algúns chaman destino e eu simplemente probabilidade improbable, fixeron que case non chegáramos a tempo. Pero chegamos.
Despois da emoción inicial e un quentamento "escaso", carreira curta e rápida; xusto o que andaba buscando para probarme.
Tempo aceptable (24'40'') tendo en conta que teño un tendón de Aquiles feito pó e sen saber aínda que ten.
Durante a carreira coñecín a
Pablocrojo, ó que recoñecín polas fotos (
neste foro ninguén se pode ocultar), que me pasou no quilómetro un.
O público IM-PRE-SIO-NAN-TE. Daba gusto recibir o aplauso da xente xusto antes de empeza-la costa. De verdade que se agradece.
Ó final, merenda e relaxante sesión de estiramentos no céspede.
Saúdos a
Cachofoucellas.
O ano que ven haberá que repetir.
Se a perna me deixa, vémonos en Outes.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es