Lun, 02 Mai 2011, 8:22
Asunto: Re: Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras - Concello de Teo
Para Derek:
Non figuro na clasificación. Rematei no posto 23.
Tomóuseme como o 69 e eu era o 64, como se pode comprobar nesta foto de "tarzan", quedando xusto diante de Camilo:
https://picasaweb.google.com/110882857780299609962/FotosDaCarreiraDaBatallaDeCacheiras?authkey=Gv1sRgCKPgpoWB_sTH8AE#5601796131318253266
Tranquilo que non condicionou a clasificación por equipos federados.
O do retraso supoño que che servirá para aprender: ante as urxencias, non te fíes ao 100% das tecnoloxías. Dicho un "tecnólogo".
Nós perdimos a un atleta por ter que marchar a traballar, e a min entre o calor polo sol e as case 4 horas sen papar nada dende o almorzo (fallo meu, puiden levar unha mazá) pois sufrín algo máis do previsto, pero non me queixo despois da caña do día anterior en Corrubedo.
Polo demais, todo ben. O percorrido cunha primeira parte dura, e máis cando petaba o sol, e últimos quilómetros máis levadeiros, pero creo que chegamos todos bastante cascados.
Boa animación, e moitos, moitos, nenos e nenas pequenos que sempre dan alegría e, ademais, son o futuro!!
Sorte en O Pino!!!
Última edición por miguelanxo o Lun, 02 Mai 2011, 9:57; editado 1 vez