Mér, 04 Mai 2011, 14:56
Asunto: Re: Entrenar en Coruña
Ola,
noraboa a tódolos q fosteis este fin de semana ao Xalo, moi boa carreira de toda a xente habitual do Coruña Trail e logo de ler as vosas crónicas só podo sentir sana envidia despois de haber decidido non asistir no último momento, pero despois de estar unha semana sen apenas facer nada despois do Courel por coincidir coa semana santa e logo estar 3 días na cama con fiebre, o venres probei a volver a correr e deime conta de q me ía arrastrar polo Xalo así q mellor descansar e curarme ben.
Noraboa a Rafita por completar o maratón e máis con apenas 2 semanas de separación co Trail do Courel, simplemente impresionante
Moita sorte e moitos ánimos para José Luis nese reto tan bonito e tan complicado de correr/andar 100 kms, aínda q vaiades tranquilo será unha verdadeira azaña.
Eu onte fun correr de novo, despois de esas 2 semanas de parón case absoluto e as sensacións foron bastante malas, hoxe irei correr polo Mero moi despacio para ver se consigo acumular kms de cara a media de Coruña, a ver se mañá ou pasado podo kedar con vos para correr polo paseo/Bens. E o fin de semana aínda non me apuntei a nada, non sei se irei a algunha carreira ou simplemente tentarei facer unha tirada por akí .
Repanocha, Yonathan, ... vades finalmente ao Pino?
www.24gramos.blogspot.com