Dom, 08 Mai 2011, 22:31
Asunto: Re: VII Andaina 50 km Santiago de Compostela
Ola,
Moi boa andaina, o percorrido pareceume moi entretido, especialmente os primeiros trinta kms. Lástima da choiva do principio, levei os pes húmidos uns corenta kms. porque os calcetíns de reserva tamén se mollaron dentro da mochila.
En canto ó tempo, non sei, nas andainas eu non miro tempos. Cando vou a unha carreira sí, mais nunha andaina vou falando, fago o xantar con tranquilidade e se teño que agardar polo compañeiro, pois non pasa nada. Cada un se toma as cousas dunha maneira
Supoño que despóis de Padrón e Santiago, a seguinte na que participarei será a de Salceda de Caselas, lástima que non estea preto de Santiago...haberá que conducir bastante para chegar e voltar de alí
Saúdos,
Instantáneas de Fondo
instantaneasdefondo.blogspot.com
Empiezo a hablar gallego, no me lo tengáis en cuenta.