Mar, 10 Mai 2011, 11:09
Asunto: Re: V CARREIRA POPULAR SOLIDARIA SANTIAGO 2011
ADELANTO DE REGLAMENTO:
V CARREIRA POPULAR SOLIDARIA
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS POLÍGONO DO TAMBRE 2011
O sábado 28 de maio celebrarase a V edición da Carreira Popular Solidaria 2011 na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Esta proba estará organizada conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a Fundación Compostela Deporte, a Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago. O control técnico das probas estará a cargo do Comite de Xuices da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo). A proba estará suxeita ó seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados. A clasificación será conxunta.
2. A proba terá lugar o sábado 28 de maio a partir das 17 horas na zona do Campus Sur de Santiago de de Compostela con saída e chegada na Avenida Antonio Raimundo Ibáñez (fronte o mirador do Parque da Alameda).
3. Estableceranse as seguintes categorías de competición:
? BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2002 e 2003
? ALEVÍN: atletas nados nos anos 2000 e 2001
? INFANTIL: atletas nados nos anos 1998 e 1999
? CADETE: atletas nados nos anos 1997 e 1996
? XUVENIL-JUNIOR: atletas nados entre 1995 e 1992
? PROMESA-SENIOR: atletas nados entre 1991 e 1977
? VETERANS: atletas nados en 1975 e anteriores
? FAMILIAR: formada por 2 adultos e 1 neno/a menor
A categoría FAMILIAR estará composta por a lo menos 2 adultos e un menor. Darán unha volta o percorrido e non terán clasificación. Haberá que inscribirse como CATEGORÍA FAMILIAR incluindo os datos indicados no punto 6 do regulamento dos participantes na “unidade familiar”.
4. O Horario das probas será o seguinte:
HORA CATEGORÍA DISTANCIAS
17:00 ANDAINA FAMILIAR 1260 m
17:15 BENXAMÍN e ALEVÍN 1260 m
17:30 INFANTIL e CADETE 2410 m
17:45 XUVENÍS en adiante 4710 m
18:15 ENTREGA DE PREMIOS Avda Antonio R. Ibáñez
PLANO DAS PROBAS
5. PREMIOS E AGASALLOS
? Outorgaranse medallas os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida (tanto en homes como en mulleres).
? Todos os participantes na CATEGORÍA FAMILIAR que finalicen a proba entrarán nun sorteo dun Fin de Semana gratis nunha casa de turismo rural (bono máximo para dous adultos e dous menores).
? Premio especial de lote de material deportivo para aquel clube ou centro escolar que achegue máis participantes que logren concluir as probas.
6. INSCRICIÓNS
Deberán ser enviadas ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago @ gmail.com con data límite o venres 27 de maio ás 14 horas e nela deberán reflexarse os seguintes datos:
? Nome e Apelidos
? Data de nacemento completa (aa/aa/aaaa)
? Clube ou centro escolar o que pertencen
? Nº de licencia ou seguro escolar (se a ten)
? Correo electrónico
› Os participantes na CATEGORÍA FAMILIAR deberán enviar os datos dos seus compoñente indicando na inscrición que participarán como categoría familiar.
› Os clubes ou centros escolares que desexen optar o premio especialde material deportivo deberán realizar a inscrición como clube ou centro escolar enviando un listado cos datos dos seus componentes.
7. Dado o carácter puramente solidario da proba, para poder participar na mesma entregarase un donativo no momento da recollida do dorsal sita no Estadio de Atletismo da Universidade. Tódolos donativos serán entregados á organización COCIÑA ECONÓMICA.
8. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no Estadio de Atletismo da Universidade.
9. Agardamos de todos a máxima colaboración e deportividade. Todo o non previsto neste regulamento resolverase segundo o regulamento RFEA en vigor.
animo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).