Mér, 11 Mai 2011, 8:15
Asunto: Re: Ferreirúa 2011
Súmome con gusto a todos os parabéns que os que fostes lles estades botando aos organizadores da carreira de Ferrerirúa, porque a verdade é que os teñen máis que merecidos, un sobresaínte, sen dúbida, e por suposto que repetirei sempre que poida!, se é que ata conseguiron que deixase de chover nas carreiras (cousa que non estaba nada clara un par de horas antes;). Son uns cracks, e a xente das aldeas polas que pasábamos unha maravilla, animando dende os primeiros ata os últimos, sen moverse de sitio, e chamándote polo nome que levabamos no peito co número. Unha marabilla. Con todo, gustaríame dicir un par de cousas que non me gustaron tanto, sen que se vexa como unha crítica, senón como algo que se cadra se podería mudar se o ven conveniente:
- non me gustou que cando aínda hai xente da media maratón chegando á meta xa se estean dando os premios
- tampouco me gustou que se "levantase o campamento" cando aínda non chegara todo o mundo: xa sei que hai que pór un límite, pero resultoume moi violento, cando xa marchaba no choce, cruzarme pola estrada que saía do pobo cun corredor, e dáme igual que fose o último (non o sei), pero queda feo
- e aínda que parece unha chorrada, tampouco me gustou que a camiseta non levase serigrafada a maratona , e só levase publicidade da asocicación de veciños e dunha xoiería, home, poñerlle polo menos o ano e o nome da media maratón.. non? ;), que sempre é un bonito recordo
Volvo dicir que isto que digo nin é unha crítica, nin lle resta mérito, nin moito menos, á organizaciòn e a toda a xente que fai parte desta preciosa carreira. Un saúdo a todos, e os meus parabén!!! ... e ata o ano que vén!