Mér, 11 Mai 2011, 18:56
Asunto: Re: IV Carreira/Andaina Paderne de Allariz
Un ano máis o Concello de Paderne de Allariz organizou a IV Andaina-Carreira de Paderne. E un a no máis, para non perder costume, nos atopamos cunhas paisaxes moi fermosas, pero cos camiños completamente embarrados por mor da choiva caída nos últimos días e incluso media hora antes do comezo da proba.
Como nos anos anteriores o punto de saída e chegada estaba situado na Praza Luís Carlos Seara, a carón da casa do concello, partindo as persoas que participaban na andaina as 9:30 horas e os corredores unha hora máis tarde. A estas horas xuntáronse na liña de saída preto de 200 persoas para participar na andaina de 20 quilómetros e 90 corredores para a carreira que percorría unha distancia de 12 quilómetros.
Entre as novidades deste ano , atopamos que o percorrido da andaina e a carreira transcorrían por diferentes camiños, ascendendo o trazado da andaina ata o monte Falbán situado a 820 metros de altitude e no caso da carreira ata o monte do Castro situado a 650 metros.
No caso da andaina, e tras un forte chaparrón que nos caeu cando faltaban 20 minutos para comezar, o resto da maña o tempo acompañou para o transcorrer da proba, sen que chovera durante o transcurso da mesma.
Como xa comentamos, o traxecto estaba bastante embarrado, pero sen embargo trascorreu por varios camiños moi ben acondicionados para a realización de este tipo de eventos. A primeira parte tiña pouco desnivel, ata que nos atopamos cun grupo de muíños cunha pequena fervenza en Riobodas. Tras deixar atrás San Xes e Eirabedra, comezamos a subida ao monte Falbán, que comezou a complicarse entre os quilómetros 8 e 11, onde apareceron as costas con mais desnivel do traxecto. Desde o alto de Falbán e tras deternos a contemplar por completo o Val da Rabeda, e tomar algo de aire, continuamos dirección a Mourisco e Saa, cruzando posteriormente a estrada OU-101. Tras subir o ultimo repeito chegamos a Taboadela para descender ata a capela da Santa Bárbara (Figueiroá) e poder ver os pobos de Caxamonde, O Pazo e A Torre. Desde este punto todo baixada ata chegar de novo a casa do concello.
Ao remate da Andaina entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados da carreira, e sorteáronse regalos entre todos os participantes.
Fotos IV Andaina Concello de Paderne de Allariz 2011