Mér, 25 Mai 2011, 20:31
Asunto: Re: I Carreira Popular Concello de Carballo
Bueno, pois xa me din unha volta polo percorrido e xa podo asegurar que este ano non vai faltar ningún metro dos 10.000
O meu GPS incluso mediume 5,1 km (lembrade que son 2 voltas), pero hai que ter en conta que ás veces tiña que andar dando bandazos polo tráfico, pola xente nas beirarúas, etc., xa que era a última hora da tarde e había de todo.
Ratifícome en que o circuito é bo para correr: rápido e con suficientes zonas de recuperación. O Padroado Deportivo Municipal editou uns trípticos co percorrido sobre unha foto aérea (GoogleMaps), pero non creo que serva de moito pegalo aquí, ademáis de que teño dúbidas de que se vira algo decente. O que sí vou facer é indicarvos aproximadamente cómo se distribúen os tramos dende a saída, para que vos fagades unha idea:
* Gran Vía+Doctor Fleming ->
1 km con un desnivel de 25 m
* Vila Noia+Vila Ordes+Avda.Bergantiños ->
600 m prácticamente chans
* Alf.Brañas+Vzqz.Parga ->
800 m baixada rápida (-30 m desnivel)
* Vzqz.Parga+Fomento+Avda.Fisterra ->
800 m chans
* Río Sar+Avda.Milagrosa ->
400 m subidiña (10 m desnivel)
* Río Anllons+Río Sil+Río Lérez+Río Miño+San Martiño+Rúa Sol ->
1,3 km prácticamente chans (-10 m desnivel)
* Gran Vía ->
100 m subida (10 m desnivel) + 50 m chans
Isto é aproximado; non me veñades con que non cadran exactamente os metros ou os desniveis!
Pero pódevos servir para que vexades cómo repartir esforzos na carreira e que vos convenzades de que é un circuito doado e relativamente rápido.
Por certo: non sei se xa o dixen, pero está homologado pola FGA, así que o que busque marca, aquí ten un bó sitio para atopala.
A saída será ás 12:00 h, así que preguemos para que non aprete a calor.
E outro detalle: a carreira "grande" (hai tamén 4 máis para categorías alevíns, infantiles, cadetes e xuvenís, con menos percorrido, entre 1600 e 5000 m) inclúe só dúas categorías: SENIOR (nados entre 1993 e 1976) e VETERANOS (nados antes de 1976)... esto último é o que menos me gusta, a verdade; meter no mesmo saco clasificatorio a corredores de 36 anos e de 70... pero en fin, é o que hai, e xa temos un aspecto a mellorar (dende o meu punto de vista) para o vindeiro ano
Como hai categorías de cativos, podedes traelos a correr nunha mañán deportivo-familiar. E pola tarde podedes achegarvos, por exemplo, á praia de Razo a descansar paseando pola beiramar, ou acercarvos por Malpica, Caión... hai cousiñas chulas pola zona. Tampouco neste caso levo comisión nin estou implicado na organización da carreira, que conste!
Pasarán lista na saída, e ó que non veña mandaranlle a falta á casa
Última edición por RaAmon o Mér, 25 Mai 2011, 21:17; editado 2 veces