Mar, 03 Mai 2011, 22:39
Asunto: Re: AVIAMAN 2011 (TRI Concellos Leiro-Avión)
O sábado pola tarde volvín á escena do crimen, je,je; coa idea de sair a facer o circuito ó ritmo co que penso sair na competición, eso si non morro na auga. Antes de sair encontrome dous triatletas do Arcade que veñen de facer o circuito e me din que se fai ben, pero tamen comentan o escaso dos tempos de corte. Dende o principio encontro bo ritmo, subo ben Pena Corneira en 37'30'', o día amenaza tormenta pero vai aguantando, a temperatura ideal uns 20º e nublado. Empezo Outeiro Malato con ritmo vivo e na parte dura, dura, durisima uns 300 mts atrancome co meu 39x26 pero despois a ritmo controlado sin vaciarme subo bastante comodo. Cando empezo a baixar caen unhas pingueiras e cara a Pena Corneira vese todo moi negro, penso que me vou poñer coma un pito, pero tiven sorte e o día ó final aguantou. Baixo con precaución e comenzo a subida a Pena Corneira con forzas, ó principio vou ben pero hai un km que se fai un pouco duro, teño que meter o 24 nalgún momento, pero logo ó final volve a ser fácil. paso o alto en 2h 43' e o comenzar o descenso a estrada esta mollada, faise moi perigoso xa que o asfalto esta pulido. Hai duas curvas criminales que en mollado hai que tomalas con moita precaución, pero sin problemas completo o recorrido en 2h 57' 30'', o que xa me deixa un pouco máis tranquilo.
Considero despois de facer o circuito, que conocelo dache moita ventaxa, xa que sabes co que te vas a atopar e donde podes apretar e onde reservarte. Tamén tiven sorte co día que estaba perfecto, xa que non había nin aire arriba, casi nin se movian as aspas dos muiños.
O que me intranquilizou foi que ó acabar metin as pernas no río e non resistin máis dun minuto. Non me quero imaxinar máis de media hora nadando, non sei si sairei vivo, je,je. A organización que chame a Gas Natural, A Butano, que fagan fogueiras, poñan un toldo, chamen ás pulpeiras, etc pero que quenten esa auga, je,je.
Animo a todos e vemonos o día 15.