Foros ›
Proxecto carreira SanMamede
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
jacpmaceda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/07/09
0 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 7:36
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Dende a organización deste evento solidario queremos darlle as gracias a:
- Tódolos voluntarios/as polo seu gran esforzo volcado na organización desta proba.
- Tódolos veciños/as do pobo de Castro de Escuadro e en especial a Presidenta da Asociación de Veciños Corona Peña Saa que se volcou coa organización en todo momento.
- A Asociación de Felos da Corga da Serra pola súa donación dos trofeos para as modalidades de Carreira de Montaña e BTT.
- As persoas do GRUMIR de Maceda pola súa magnífica colaboración.
- Ó posto da Garda Civil de Maceda.
- O Concello de Maceda e o INORDE polo seu apoio loxístico e infraestructura.
- A todas aquelas persoas que colaboraron puntualmente en diversos aspectos vinculados coa organización da carreira.
A todos eles moitas gracias pois sen eles a organización deste evento non sería posible.
Aplauso
xan

Montañés
Montañés
14/04/08
0 Carreiras
2362 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 8:31
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Ola,
Pois eu quixera dar as gracias a organización e voluntarios (sodes os artifices da prova) porque as cousas que se fan con cariño o final saen ben como foi neste caso Aplauso Aplauso Aplauso .
Tamén destacar a xente do pobo polo seu apoio e animos na chegada a meta Aplauso Aplauso Aplauso .
Podedes contar conmingo para proximas edicións Satisfecho .

P.d. Votei en falla un bus no alto da Ermida para baixar pero non se pode ter de todo Mr. Green .

sds
Molón

xanrunning.blogspot.com/
cronicasdelcarma.blogspot.com/
zorroveloz

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/10
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 8:45
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Súmome a todas as opinións anteriores: Carreira dura e espectacular paisaxe. Vése moito traballo feito no tema da sinalización e da marcaxe do percorrido, os avitaullamentos moi ben distribuídos e o "isotónico de cebada" na chagada un luxo. Gustoúme moito o "podium enxebre" e o deseño dos trofeos, así como o traballo do "spiker". O ano que ven penso repetir sen dúbida.
So teño unha crítica de cara a algúns participantes: xa sei que cando vas a tope sufrindo e todo iso, calquer esforzo de máis costa moito, pero... TANTO ESFORZO É NON TIRAR LIXO (BOTELLAS E PLÁSTICOS) NO MEDIO DE TAN FERMOSOS PARAXES?
GRAZAS A TOD@S.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 13:44
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Despois de 3 anos sen participar en ningunha carreira fun a volver nesta preciosa carreira e organizada cun mimo increíble.

Unha desas carreiras que eu califico como "independentes" que escapan do mediatismo doutras. Onde a xente non busca marcas, camisetas técnicas,... se non un trato como o que onte recibimos en Campo Escuadro cunha aldea volcada e onde nos trataron a todos como auténticos campións.

O mellor, sen dúbida, a viaxe e o aloxamento no Alto do Pouso e a cea no castelo de Maceda. Noite memorable previa á carreira cos meus compañeiros da Barbanza: Marga, Castiñeiras e Edu_iglesias. As anécdotas voumas a reservar, porque algúns son xente casada e con fillos.

A carreira foi dura, dura, dura,........ sobre todo, para min con apenas adestramento. Prometo que por moitas gañas que teña non vou participar nunca nunha carreira sen adestrar, sufrin de lo lindo.

Agradecín a compaña de Guti, unha rapaza rubia que gañou na categoría
femenina, toledano, un señor de 70 anos de Ourense. Os ánimos e compaña destes amigos axudaronme a rematar. Sen esquencer a un corredor do Via 18 que chegou tocado. A todos eles gracias.

A mágoa foi non coller ó meu amigo Castiñeiras que participou na andaina. Pero....

en resumo, proba moi recomendable, cun fermoso percorrido, duro de verdade e organización volcada ca proba.
montxo

Montañés
Montañés
13/12/08
2 Carreiras
1554 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 14:52
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

anxinho escribió:
Despois de 3 anos sen participar en ningunha carreira fun a volver nesta preciosa carreira e organizada cun mimo increíble.

toledano, un señor de 70 anos de Ourense.

en resumo, proba moi recomendable, cun fermoso percorrido, duro de verdade e organización volcada ca proba.

Pois o amijo toledano esta feito todo un rapas. Moi feliz Moi feliz Moi feliz
Germanmd

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/01/09
0 Carreiras
946 Mensaxes
marin-piñor(barbadás)
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 15:12
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Si señor, unha nova carreira que renace con vistas moi lonxanas. Esperemos que teña continuiddade i poidamos seguir desfrutando desas paraxes auténticias da nosa Galicia rural, por eso moitas veces tan esquecida.
Un monton de correlegas Santi do Val da Rabeda, Xan e o incombustible Lois que nos acercou a Pazo de Escuadro, graciñas.
Noraboa Organización i pro ano voltamos Aplauso Aplauso Aplauso .
toledano

Super Veterano
Super Veterano
4/07/08
0 Carreiras
2244 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 15:53
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

montxo escribió:
anxinho escribió:
Despois de 3 anos sen participar en ningunha carreira fun a volver nesta preciosa carreira e organizada cun mimo increíble.

toledano, un señor de 70 anos de Ourense.

en resumo, proba moi recomendable, cun fermoso percorrido, duro de verdade e organización volcada ca proba.

Pois o amijo toledano esta feito todo un rapas. Moi feliz Moi feliz Moi feliz

Pois si Guiño
Ainda que si me botan 70 anos non debo parecer tal rapas Mr. Green

Coido que se refería a Martínez do Taboadela que, é un fora de serie que ademáis tiñadelo que ver como baixa o tío.

SAÚDOS

Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)

Grelos, sexo, e muiñeira.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 16:04
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Tamén me refería a ti, perdoa pola miña sintasis. Pero o Guti foiche dando folgos toda a carreira e ó final presentounos.
toledano

Super Veterano
Super Veterano
4/07/08
0 Carreiras
2244 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 16:34
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

anxinho escribió:
Tamén me refería a ti, perdoa pola miña sintasis. Pero o Guti foiche dando folgos toda a carreira e ó final presentounos.

É certo. Guti foi sempre por diante e, dándome folgos pero, no primeiro cumio, perdeuse, igual que, por o visto lle pasou a máis corredores.

A partir de ese momento puiden colller uns metros de ventaxa e, como xa casi quedaba a baixada, entrei antes que algún, sin realmente merecelo.

Xa che digo unha cousa Anxiño, son moi despistado, asi que, na próxima carreira si non che falo, fálame ti. Un pracer coñecerte.

Saúdos

Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)

Grelos, sexo, e muiñeira.
cicuta

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/04/10
0 Carreiras
148 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 21:39
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Gran carrera la del domingo,con un recorrido muy bonito y con unas rampas.....el cortafuegos con el k coronabas se hacia eterno y despues las zonas de bajada te exigian hacer muchisima fuerza para no bajar a tumbos, terminando con unos ultimos kms donde los k tuviesen fuerzas podian correr de lo lindo.En meta unos estupendos pinchos para reponer fuerzas,en definitiva una gran carrera k espero k tenga muchas mas ediciones.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 22:10
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

anxinho escribió:
Despois de 3 anos sen participar en ningunha carreira fun a volver nesta preciosa carreira e organizada cun mimo increíble.

Unha desas carreiras que eu califico como "independentes" que escapan do mediatismo doutras. Onde a xente non busca marcas, camisetas técnicas,... se non un trato como o que onte recibimos en Campo Escuadro cunha aldea volcada e onde nos trataron a todos como auténticos campións.

O mellor, sen dúbida, a viaxe e o aloxamento no Alto do Pouso e a cea no castelo de Maceda. Noite memorable previa á carreira cos meus compañeiros da Barbanza: Marga, Castiñeiras e Edu_iglesias. As anécdotas voumas a reservar, porque algúns son xente casada e con fillos.

A carreira foi dura, dura, dura,........ sobre todo, para min con apenas adestramento. Prometo que por moitas gañas que teña non vou participar nunca nunha carreira sen adestrar, sufrin de lo lindo.

Agradecín a compaña de Guti, unha rapaza rubia que gañou na categoría
femenina, toledano, un señor de 70 anos de Ourense. Os ánimos e compaña destes amigos axudaronme a rematar. Sen esquencer a un corredor do Via 18 que chegou tocado. A todos eles gracias.

A mágoa foi non coller ó meu amigo Castiñeiras que participou na andaina. Pero....

en resumo, proba moi recomendable, cun fermoso percorrido, duro de verdade e organización volcada ca proba.

Pois sí Anxinho a carreira non debeu de ser moi mala cando todos voltamos con gañas de repetir. Pero non o digades moi alto que logo vai moita xente e os pinchos tocan a menos Angel

E podes contar aljunha anécdota desas que te reservas, a miña verjonsa quedou polo camiño naljunha carreira fai aljúns anos, así que... Demo sorrindo
rafacannas

Novo foreiro
Novo foreiro
16/05/11
0 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2011, 23:18
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

eu tamen participei na carreira de BTT e teño unha pequena critica sobre esta pobra que espero sexa tido en conta para que na proxima edicion non ocurra o mesmo. refiro a o mal sinalizado que estaban moitos cruces.
na informacion que me deron na saida falaban duns carteis e sinalizacións verdes para indicar o camiño (debe ser que os carteis non chegaron para todos os cruces) o caso e que nalguns cruces non habia sinalizacion algunha. tiven que para e orientarme e gracias a que atopei un ciclista (non competia con nos) que me indicou por donde iban os de cabeza. O asunto e que cando e cheguei a cima do cortafogos habia un motorista da organizacion e dixome que iba de cuarto (nas miñas contas iba de sexto) e cando cheguei a meta ali polo menos habia mais de dez ciclistas e a min nadie me adiantou e detras miña viña un compañeiro que foi todo o tempo detras. cando ye preguntei ao rapaz que estaba na mesa de control de que posto cheguei dixome que so tomou nota dos tres primeiros, que coma era unha carreira solidaria non se tiña en conta a clasificacion. o que eu me pregunto e si me chego a equivocar de camiño e me perdo caio da bici e parto unha perna ¿como van a enterarse de que non chego a meta e coma me van a atopar?....
jams

Foreiro infantil
Foreiro infantil
10/10/08
0 Carreiras
76 Mensaxes
Maceda
Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2011, 7:25
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

rafacannas escribió:

Dende a parte que me toca como membro da organización pedirche unha e mil veces disculpas,a ti e a todos os que lle pasou algo semellante a ti. Vexo que te rexistrarche para comentar esta critica e polo que a min respecta as túas palabras son unha opinión importante pois solo coñecendo en que erramos podemos melloralo, para sucesivas edicións. Solo apuntar, que ainda que non en forma de clasificación os dorsais tachabanse no listado a medida que os ciclistas chegaban.

A titulo persoal sabeme mal, polos que vos perdestes por se non disfrutastes como deberiades dese día. Por eso se algún día queres, ou queredes calquera dos que participastes nesta proba, enviadesme un privado e damoslle unha voltiña, por esta ou por calquera outra das rutas que coñecemos por San Mamede, estades convidados.
Grazas.
OpipoteMaceda

Montañés
Montañés
4/07/10
92 Carreiras
219 Mensaxes
Xunqueira de Espadañedo
Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2011, 9:59
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Ninguen ten fotos do domingo,e alguen tamen gravou un video,eque as poucas que hai e dun dos esprintes que sacou co mobil,a da cruz vermella dixo que tiña 500 fotos pero eu creo que me estaba tomando o pelo jaja!!un saúdo
cicuta

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/04/10
0 Carreiras
148 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2011, 11:59
Asunto: Re: Proxecto carreira SanMamede

Hola,me gustaria saber si vais a colgar la clasificacion del trail o al ser de caracter solidario no se pondra ningun resultado.

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos