anxinho escribió: |
Despois de 3 anos sen participar en ningunha carreira fun a volver nesta preciosa carreira e organizada cun mimo increíble. toledano, un señor de 70 anos de Ourense. en resumo, proba moi recomendable, cun fermoso percorrido, duro de verdade e organización volcada ca proba. |
montxo escribió: | ||
Pois o amijo toledano esta feito todo un rapas. |
anxinho escribió: |
Tamén me refería a ti, perdoa pola miña sintasis. Pero o Guti foiche dando folgos toda a carreira e ó final presentounos. |
anxinho escribió: |
Despois de 3 anos sen participar en ningunha carreira fun a volver nesta preciosa carreira e organizada cun mimo increíble. Unha desas carreiras que eu califico como "independentes" que escapan do mediatismo doutras. Onde a xente non busca marcas, camisetas técnicas,... se non un trato como o que onte recibimos en Campo Escuadro cunha aldea volcada e onde nos trataron a todos como auténticos campións. O mellor, sen dúbida, a viaxe e o aloxamento no Alto do Pouso e a cea no castelo de Maceda. Noite memorable previa á carreira cos meus compañeiros da Barbanza: Marga, Castiñeiras e Edu_iglesias. As anécdotas voumas a reservar, porque algúns son xente casada e con fillos. A carreira foi dura, dura, dura,........ sobre todo, para min con apenas adestramento. Prometo que por moitas gañas que teña non vou participar nunca nunha carreira sen adestrar, sufrin de lo lindo. Agradecín a compaña de Guti, unha rapaza rubia que gañou na categoría femenina, toledano, un señor de 70 anos de Ourense. Os ánimos e compaña destes amigos axudaronme a rematar. Sen esquencer a un corredor do Via 18 que chegou tocado. A todos eles gracias. A mágoa foi non coller ó meu amigo Castiñeiras que participou na andaina. Pero.... en resumo, proba moi recomendable, cun fermoso percorrido, duro de verdade e organización volcada ca proba. |
rafacannas escribió: |
eu tamen participei na carreira de BTT e teño unha pequena critica sobre esta pobra que espero sexa tido en conta para que na proxima edicion non ocurra o mesmo. refiro a o mal sinalizado que estaban moitos cruces. na informacion que me deron na saida falaban duns carteis e sinalizacións verdes para indicar o camiño (debe ser que os carteis non chegaron para todos os cruces) o caso e que nalguns cruces non habia sinalizacion algunha. tiven que para e orientarme e gracias a que atopei un ciclista (non competia con nos) que me indicou por donde iban os de cabeza. O asunto e que cando e cheguei a cima do cortafogos habia un motorista da organizacion e dixome que iba de cuarto (nas miñas contas iba de sexto) e cando cheguei a meta ali polo menos habia mais de dez ciclistas e a min nadie me adiantou e detras miña viña un compañeiro que foi todo o tempo detras. cando ye preguntei ao rapaz que estaba na mesa de control de que posto cheguei dixome que so tomou nota dos tres primeiros, que coma era unha carreira solidaria non se tiña en conta a clasificacion. o que eu me pregunto e si me chego a equivocar de camiño e me perdo caio da bici e parto unha perna ¿como van a enterarse de que non chego a meta e coma me van a atopar?.... |