Mar, 17 Mai 2011, 21:02
Asunto: Re: Novidades na IV carreira popular vila de Redondela
Por alusións: Como non é a primeira vez que me pasa, pois teño unha sensación como de estar a bater contra un muro (e por desgracia teño que dicir que moitas mais veces na provincia de Pontevedra que en outras) e xa tes sensación de que non hai nada que facer, que a persoa ou persoas (a ver se dende a organización nolo poden aclarar
) que dan a orde de abrir tráfico mentres se está disputando unha proba non está moi ben da cabeza, que os que vamos de últimos temos dereito a facer o mesmo percorrido (e igual de libre de tráfico) que os que van de primeiros, que non se dan conta que se hai un accidente, por moito seguro que teña a proba, pódense meter nun lío grandísimo..... Gracias
Safardatxo polas túas fotos onde das testimonio de todo o que se está contando aqui, que as veces pensan que falamos por falar...En resumo, que non hai cabeza, irresponsabilidade absoluta
!!!!
Se, como agardo, esta irresponsabilidade non é culpa da organización, chapeau polo resto da proba, impecable......
Gracias pola solidaridade dos que non tiveron que sufrir o tráfico e como di
Omega "nin que estivésemos a correr en Vigo!" (e nin así tería xustificación)
Se eu puiden, ti tamén...