Mér, 18 Mai 2011, 16:28
Asunto: Re: Ánimos e forza para Julia Vaquero.
Son seguidora de Julia Vaquero; ela foi quén consigueu que vísemos algo mais que fubol na TV, ela foi quen me animou (sen sabelo) a facer atletismo, foi e é a miña ídolo como deportista e agora o é como persoa, muller valente que se enfrenta á maior carreira da súa vida, unha enfermidade dura e dificil de entender por outros. Espero que ese deporte que a desanimou (creo que non foi ben tratada, deportivamente), seña agora fonte de axuda imparable e creo que todos e todas nós debemos apoiala sempre, por todo o ben que nos fixo, sobre todo ás mulleres, agora somos nós quénes lle debemos algo. Eu, sempre estarei en débeda contigo, amiga¡¡ Sigo animándote a que fagas maratón ou longa distancia(de paseo) porque é moi bó para a saúde mental e sobre todo quere moito á túa filla, porque no fondo, nós querémoste pero non estamos ahí e ela sempre estará contigo; nos bós e malos momentos. Non deixes que os malos momentos superen ós bós, pensa na filla, ela necesítate,pero tómate tempo, non te agobies.
A xente boa merece algo mais e tí mereces moito mais. O meu apoio total.
Son Elena Miguéns, a de Padrón (como dis tí). Unha aperta e...forssssa.
Eu propoñería unha estatua no meu concello para unha muller valente e que o dou todo, incluso a saúde polo deporte, pero prefiro terte por aquí cando tí queiras, porque eres TÍ eres a mellor de tódolos tempos¡¡ Grazas