Mér, 01 Xuñ 2011, 19:33
Asunto: Re: Memorial Barros
Noraboa á organización da proba, con 200 chegados a meta máis que na edición do 2010 e todo estivo mais que correcto. Puntualidade, percorrido ben sinalizado, auga no punto intermedio, ducha (aínda que este ano menos potente que o pasado) na empresa de formigóns, boa animación na zona do "casco urbano", ben cronometrada, sensacional avituallamento na liña de meta (froita, auga, outras bebidas, yogur, rosquilla, rosca ) e tamén camiseta de recordo. Noraboa tamén polo cambio de data ó domingo pola mañá, todo un acerto que se viu no incremento de participación...
Para vindeiras edicións o único mellorable na miña opinión sería non facer tantos kilometros pola estrada da Ramallosa no camiño de volta, sei que é complicado porque hai que pasar pola empresa de formigón, pero quizais con unha volta menos en Gondomar e aproveitando o vial novo de Donas se podería facer algo. Aínda que non che molestan para correr, o de ter os coches aí pegados tanto tempo é un tanto incómodo...
Un saúdo á organización e noraboa de novo!!!
Se eu puiden, ti tamén...