Mar, 07 Xuñ 2011, 12:45
Asunto: Presentación / Clube - grupo de adestramento en Vigo?
Ola a todos!
Primeiro de todo, son arousán, residente en Vigo (considérome medio vigués), e vou tentar resumir a miña historia como
cuasi-runner...
Despois de moitos anos pensando que "correr é de cobardes", cando tiña a edade de Cristo ao morrer decidín plantexarme correr e coller algo de saúde, xa que toda a vida fun máis ben gordiño. Total, que lle collín o vicio e cheguei a correr de 3-5 veces por semana uns 7-8 km, con algún finde estirando máis o conto.
Despois de certos temas persoais (botei moza lonxe... que pasou a ser "EX", quedei sen traballo...), peguei un baixón de ánimo bastante gordo e non saía da casa. Resultado: 2 anos parado ata fai pouco, co conseguente empeoramento físico, etc.
Ao voltar a adestrar fai un meseciño... molestias no xeonllo e aquiles (o que ten correr por cemento e zapas cascadas) --> Parado 3 semanas --> Fágome un estudo da pegada e despois de toda a vida pensando que era neutro, resulta que piso máis raro que un porco bailando claqué --> a gastarse pasta en plantillas
(co que doe estando no paro!!)
O tema é que agora xa maiorciño (37) quero volver a correr con asiduidade, para volver a coller o tono físico e participar nalgún 10k e en medias... espero "non chegar tarde". Á espera de que me cheguen as plantillas conto con ir a Castrelos asiduamente. Os meus ritmos agora son baixos (uns 5:30/km os 10 Km), supoño que será a peaxe que pago por estar sen facer nada aos meus anos
No estudo que me fixen, aparte das plantillas recomendábanme que me metese nalgún grupo de adestramento (e mellorar técnica de carreira), así que se alguén vai a correr a Castrelos, ou coñecedes dalgún clube ao que me poida unir, agradecería a vosa axuda. Canto máis económico o conto, mellor... xa tiven que empeñar un ril polas zapas
Moitas grazas a todos pola vosa paciencia en ler este tocho. Coidádevos!
Every new beginning comes from some other beginning's end.