Ven, 24 Xuñ 2011, 20:10
Asunto: Re: 28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo
pois o tema do aparcamento eu non tiña coñecemento de que non deixaran aparcar, pero vendo como está a situación Alcaldía VS Autoridade Portuaria (conflicto da limpieza,etc...) non descarto que este sexa outro episodio máis da súa particular batalla. Se acaso Carlos Adán estivera a ler isto e puidera aclarar o que pasou...
O positivo como dicides foi o tema do tráfico cortado, e tamén parece ser que houbo máis civilización por parte dos conductores, non escoitei claxons nin queixas (como pasou na media Ibercaja, Vigo+11...) así que pouco a pouco vanse logrando cousas. O tema do percorrido está claro que non está ben medido, o gps marcoume 7840 mts así que o que queda claro é que eses 8.200 mts están "inflados".
Un placer correr en casa e poder saudar a tanta xente coñecida. Mención especial a
Oliveira,
cachofoucellas, e tódolos corredores que pese a hora, a distancia e ser día laborable achegáronse a nosa cidade.
saúdos a todos
"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)