Foros ›
28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Govi

Maratoniano
Maratoniano
13/01/09
0 Carreiras
903 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 25 Xuñ 2011, 10:29
Asunto: Re: 28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo

Moussambani escribió:
pois o tema do aparcamento eu non tiña coñecemento de que non deixaran aparcar, pero vendo como está a situación Alcaldía VS Autoridade Portuaria (conflicto da limpieza,etc...) non descarto que este sexa outro episodio máis da súa particular batalla. Se acaso Carlos Adán estivera a ler isto e puidera aclarar o que pasou...

O positivo como dicides foi o tema do tráfico cortado, e tamén parece ser que houbo máis civilización por parte dos conductores, non escoitei claxons nin queixas (como pasou na media Ibercaja, Vigo+11...) así que pouco a pouco vanse logrando cousas. O tema do percorrido está claro que non está ben medido, o gps marcoume 7840 mts así que o que queda claro é que eses 8.200 mts están "inflados".

Un placer correr en casa e poder saudar a tanta xente coñecida. Mención especial a Oliveira, cachofoucellas, e tódolos corredores que pese a hora, a distancia e ser día laborable achegáronse a nosa cidade.

saúdos a todos

Pedazo de carrerón que te marcaste, si señor. Aplauso Aplauso
Razz
omega

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
14/12/08
0 Carreiras
154 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Sáb, 25 Xuñ 2011, 16:00
Asunto: Re: 28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo

Para un vigués coma min, esta carreira é unha marabilla. Polo percorrido, polo ambiente previo e posterior, porque sempre xorde unha voz inesperada que alenta dende a beirarrúa cun revitalizante "vamos, Rafa!" (este ano foi unha das miñas irmás), por moitas razóns, en fin.
Mais, sempre procuro que a árbore non agache o bosque. Así que, logo de sinalar que se mellorou bastante no aspecto do tráfico -malia o zigzagueo entre coches da Praza da Industria, que non é pouco- e tamén na entrega de dorsais, non podo senón sorprenderme de que as duchas no pavillón do Berbés estivesen pechadas cando debían estar abertas (digo isto baseándome no aquí escrito por Germanmd) e do acontecido no aparcadoiro do porto, onde, en contra do anunciado por voceiros autorizados, a policía correspondente impediu o acceso a quen alí quixo deixar o automóbil. Sobre todo respecto desta última cuestión, seguimos agardando que alguén ofreza explicacións cribles. E conste que non estou entre os afectados directos; pero, como vigués, teño dereito a ratificar que o da noite de San Xoán foi un novo capítulo de "A conxura dos necios (a historia interminable)", culebrón infantil olívico que se prolongará polo menos outros dous anos e cuxos personaxes actúan como auténticos ananos mentais, con independencia de sexo, filiación política e cor do cabelo.
oskar__1

Novo foreiro
Novo foreiro
19/11/10
0 Carreiras
12 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Sáb, 25 Xuñ 2011, 21:44
Asunto: Re: 28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo

O do pavillon non pode ser verdade porque eu fun ducharme aos 15 ou 20 minutos de rematar de correr e estaba aberto o pavillon!!!
asturtiago

Novo foreiro
Novo foreiro
1/03/11
2 Carreiras
39 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 25 Xuñ 2011, 22:52
Asunto: Re: 28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo

Yo también pude ducharme sin problemas, eso sí cuando me iba ya casi no quedaba nadie, imagino que aprovecharían para cerrar. Lo del aparcamiento estoy igual que vosotros, la policía portuaria nos avisó de que no sabían quién nos había dicho que se permitía aparcar, cosas de la política, me imagino. Por el resto todo ok, mucho cláxon por orillamar pero bueno, la paciencia jejeje





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos