Mar, 28 Xuñ 2011, 16:03
Asunto: Dúbida pulsómetros
Boas: Teño unha dúbida sobre pulsómetros e vos pediría opinión sobre o tema.
Teño dende o ano pasado un Polar RS300X co G1 que a verdade, vaime moi ben, non me ten dado nin un problema e dame máis do que realmente lle podo pedir.
A pasada semana regaláronme un garmin fore201 que ainda teño na caixa, co ticket regalo da tenda de deportes (multinacional grandeárea de deportes) pendente do que fago con el.
A dúbida é ¿merece a pena quedarme co fore a maiores do RS300? Tenme un tanto desconcertado que na páxina web española da marca non existe o modelo e na da tenda tampouco ¿¿??, e tamén bastantes comentarios que lin estos días nos foros sobre problemas de estos aparellos cando levas 30 ou 40 minutos adestrando. A verdade e que deixar de usar un trebello que vai "como un reloxo" (nunca mellor dito) por un que non teño claro se rendirá o mesmo, e non aproveitar o cambio para comprar algo de material deportivo paréceme parvo, (non teño moi claro o prezo real, porque na marca non o poñen e nas tendas virtuáis varía) pero se resulta que o fore210 é "unha máquina" entón quedarei cos dous... pero quedar por quedar é tontería, así que si algún de vós me pode aconsellar sobre este trebello,especialmente alguén que o teña dende algún tempo, llo agradecería un montón para decidir que facer (teño tres semanas para usar o ticket regalo que ten con el).