Lun, 04 Xul 2011, 18:30
Asunto: Re: No estamos solos
O caso xa no só é que fose correndo o tipo este, senón a conduta final adoptada, e que pode ser consecuencia da súa personalidade, sensibilidade cara os demais...(ou o que a xente identifica como educación, termo este absolutamente máis amplo ao meu modo de ver).
Isto mesmo pode aplicarse, por exemplo, se vas andano con présa por unha beirarúa na cidade e se che cruza un velliño ou un neno; ou se vas no coche e cruza sen mirar unha persoa; ou se sucede isto indo na bici, etc. AÃnda que non fose a túa culpa (o atropelo), alomenos é de xente civilizada e racional preocuparse polos demais fora cal fora a situación (nalgúns casos é ata delictivo non pararse a preocuparse).
Afortunadamente non lembro ter levado por diante a ninguén nos parques (Alameda de Santiago, Galeras, Paxonal...), pero si que podo denunciar tamén o seguinte (non estamos sós, á inversa): teño lidiado con cans "que non fan nada" ou paseantes en triple ou cuadruple fila, papás e mamás que están máis de palique que atendendo ás crianzas (lembro unha vez na que uns meniños tiñan todo o ancho do paseo baixo do Paxonal cheo de xoguetes e bicis, sen permitir case o paso, e a nai/s como se nada...), que non saben compartir ese espazo verde público que tanto escasea. Solución no meu caso: adestrar nas pistas do estadio ou polo monte con maior frecuencia que nos parques. Sorte que teño destas posibiliades durante o ano, xa que outros noutros lares seguro que non poden, por desgracia.
Como vemos, o conto vale para uns e outros. Convivencia.
En canto ao Fair play no running, pois máis do mesmo. Hai xente para todo como na vida mesma. Exemplo no fútbol: hai hipócritas que din estar a favor do Fair Play e logo cando xogan ou o fai o seu equipo, pois ou pisan ou incitan a pisarlle a cabeza ao contrario (incluÃdos papas e mamas en categorÃas inferiores. Noxo me teñen dado moitas veces, especialmente pola posición que se supón que ocupan...).
No running, como digo, máis do mesmo, por iso debemos dar bos exemplos aos nenos/as con boas conductas e "denunciar" aos proxenitores, adestradores, etc., que fomenten cousas diferentes a unha sana e deportiva competitividade...
Afortunadamente no noso terreo teño visto moitas situacións "emocionantes" no puro sentido da palabra, onde uns teñen axudado a outros en situacións problemáticas (caÃdas, lesións, malestar, compartir auga en carreira...) sen esperar nada a cambio, o que me axuda a creer na bondade natural das persoas, pero é obvio que tamén existen os caraduras e egocéntricos que en certas situacións amosan a súa verdadeira calaña (xa na recollida de dorsais, nas saÃdas das carreiras, nos percorridos estreitos, nos avituallamentos, etc., etc., etc.).
En fin... esta ben ter momentos como este para reflexionar sobre a nosa conduta como humanos...