Lun, 04 Xul 2011, 19:45
Asunto: Re: Triatlón de Esteiro
Moi boa a experiencia. Foi o noso primeiro triatlón e quedamos con moitas gañas de repetir o ano que vén.
A carreira a pe tamén xe me fixo curta. Estaba afeito a entrenar correndo os 3 km e malia ter as pernas rotas da bici tardei moi pouco en completar a distancia, e fun trotando! así que creo que foi máis curta do que dicían.
Penso que sería boa idea marcar os km que levas na carreira a bici e a pé, seica co mesmo spray das frechas, para saber cánto levamos...
Agardo os resultados con máis emoción que a nota das oposicións. Foi unha pasada, vémonos na seguinte seguro.
Moitísimas grácias ós organizadores e ós que colgaron as fotos. Parabéns!