Mar, 05 Xul 2011, 19:41
Asunto: Re: Carreira Porto do son
Pola pouca información que teño, creo que é unha destas probas que podiamos denominar "independiente", ten un espíritu máis de participar que de competir, correr por un entorno extraordinario e disfrutar da paisaxe.
O percorrido é a continuación da carreira do Corgo, un terreo sin apenas dificultade técnica, fácil e rápido de correr; importante saber disfrutar das vistas e do entorno.
Esta organizada polos veciñ@s da parroquia, con humildade e con moito agarimo.
Eu o ano pasado non puden ser da partida, este ano espero estar, ainda que sexa soamente ca sana intención de ir a trote e rematar, o xeonllo non me deixa facer máis, en calquer caso, das carreiras que me gustan.