Mar, 09 Ago 2011, 7:12
Asunto: Re: I Carreira Val do Tea
Mappleleaf, por suposto que segue todo en pé.
Cóntovos as últimas novidades. Teremos un posto de auga pola metade do percorrido e ao final do percorrido, auga doada por augas de Mondariz. Tamén contactamos con protección civil e as policías locais dos concellos, con respostas diferentes; dende os que se ofreceron a acompañarnos ao paso polo seu concello, ata os que non lle deron a menor importancia. Tamén pode que nos faciliten o paso nalgún punto conflictivo, como a rotonda de ponteareas ao cruzar a N120. Tamén teremos compañía ciclista dalgunha xente de Mondariz que fai deporte, pero que non se ve capaz de percorrer 21 Km.
Por certo, dende a organización pedimos a vosa colaboración para transportar á xente. Recordade que para os que precisedes transporte o punto de encontro é a meta de Salvaterra, ás 9:00 h. Se alguén prefire deixar o coche en Mondariz, pode que haxa algunha praza da xente de Mondariz (coma min) que voltemos dende Salvaterra unha vez rematado o evento. Esta opción podédela utilizar se non podedes chegar ás 9:00 a Salvaterra, pero si podedes estar á 9:45 en Mondariz.
Sen máis, agardámosvos coa ilusión de termos un bo dia de running na mellor das compañas.