Mar, 26 Xul 2011, 13:13
Asunto: Problemas cas estrías
Hola amigos, estou encantado con este foro e nutrindome dos consellos que vos leo desde fai varios meses, o resultado a verdade está a vista, dende Xaneiro hasta hoxe: 29 Kg.
Pero aínda me restan 10 Kg. máis para chegar o meu peso óptimo (si que estaba un pouco recheiño, sí) pero levo notando xa unha das consecuencias da pérdida de peso, as estrías.
Aínda que ca dieta e os exercicios, fun baixando progresivamente e nada esaxerado, a verdade e que se van notando, sobre todo na parte da barriga, pero tamén nos sobacos e nas ingles. De seguro que algún de vós pudo ter este problema ou coñecer casos como o meu, i en serio que estaría moi agradecido si agora tamén me puderades axudar por si hai algunha crema, algunha solución, algún comentario que puderades aportarme para poder solventar este problemón.
Moitisimas gracias de anticipado i espero vosos comentarios ansiosamente.