Mér, 03 Ago 2011, 10:30
Asunto: XX Milla Urbana do Concello de Ares. Sábado 6 de agosto.
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, ca colaboración da Federación Galega de Atletismo e a empresa BEGANO, organizan un ano máis esta proba popuar que acolle diferentes carreiras dende a categoría prebiberón ata a categoría superveterán, oscilando as distancias a cubrir entre os 50 m e os 1609 m. A proba comenzará ás 11 da mañá ca saída da primeira das categorías, a prebiberón (3 anos) e cada 5 minutos apróx. irán saíndo as diferentes carreiras ata rematar o evento hacia as 12,15 da mañá. A organización entregará a cada participante un agasallo ao rematar a proba, e ademáis hai trofeo para o primeiro e a primeira clsificadsos en cada categoría, e medallas de plata e bronce para os/as segundos/as e terceiros/as. Ata a categoría prebenxamíns ( anos 2004 e 2005)incluída, non haberá clasificación entregando a cada neno/a unha medalla. A proba ten aberto o seu prazo de inscripción a través do correo electrónico fgaferrol @ gmail.com ( no portal da Delegación Ferrolana da Federación Galega de Atletismo), ata as 20 h. do xoves 4 de agosto. Deste xeito o venres comenzarase a repartir os dorsais de 10 a 14 horas nas Alianzas Aresanas, e xa o sábado de 8,30 a 10,30h.no mesmo lugar, situado a escasos metros da línea de saídas e chegadas. A organización lembra a obligatoriedade da inscripción previa pra tomar parte na carreira, advertindo do peche de inscripción ás 20h. do xoves 4 de agosto. Este ano, conmemorando a XX edición, BEGANO a través do seu produto POWERADE, disporá de adestradores persoais na xornada do venres, de 12 a 13,30 co gallo de que todos /as aqueles/as, maiores de 13 anos, que queiran probar o circuíto e preparar a Milla ca axuda destes profeisonais o poidan facer. Para elo é preciso chamar ao teléfono 981448057, ou pasarse pola Alianza Ares na antes das 14 h. de mañá xoves. Tamén é posibel inscribirse a dita xornada de adestramentos do venres a través do envío dun correo electrónico a servizos.deportivos @ concellodeares.com indicando o nome apelidos e a idade. Ademáis na proba, haberá 50 m2 de instalacións de masaxe, fisioterapia, podólogos, zona de hidratación e demáis complementos para deportistas todo de balde para os inscritos/as.