Lun, 08 Ago 2011, 12:14
Asunto: Re: Seguro Fga
Por se se serve , conto meu caso: levaba tempo ca idea de federarme aínda que só fóse polo tema do seguro, xa que normalmente soio facer moitas carreiras no ano e xa rompera fibras nalgunha e por un módico prezo de 39,25 federeime ao final co Clube de Atletismo Alejandro Gómez ( cos que, por certo, estou totalmente encantado) e ao final , para a miña desgraza, sí que lle dín uso ao seguro xa que na carreira da Pascoa de Padrón tíven o que parece que foi unha contractura no xemelo; tramitei a través do clube un parte de accidente e chamei a Mapfre (aseguradora da FGA) , quen me atendeu a través do San Rafael, un hospital de A Coruña (en total, atención de urxencias+4 citas co traumatólog+ecografía+10 sesións de fisio).
Resumíndo, ¿compensa?, e a verdade é que sí, pero un sí matizado: é unha atención máis rápida e áxil que no Sergas, que se teño que pagar eu do meu peto, deixaríame o peto en mal estado
; pero a atención non é todo o rápida que se esixe nun caso así, porque para todo tés que andar chamando para pedir autorización e mandando faxes con informes médicos, etc. o que por exemplo fíxo que non escomenzase a fisio ata un mes xusto da lesión debido a tanta volta, e ao médico non lle quedou claro se foi unha sobrecarga, contractura,...... e o único que sacou en claro ca eco e que non foi rotura, pero supoño que por non pedir unha proba máis cara deixouno estar e darme fisio sen máis.