Lun, 22 Ago 2011, 8:58
Asunto: Re: XX Carreira das Areas, Carnota
Primeiro de nada felicitacións a Jesus B pola sua celebración da carreira 1000. Non quedamos contigo para o café xa que as 10h. aínda estabamos xuntándonos a xente do equipo para ir ver como estaba a area.
Felicitar unha vez máis á organización polo esforzo feito e permitirnos gozar dunha carreira deste tipo.
En canto á carreira, supoño que os que repetides do ano pasado comprobastes que este ano o percorrido estaba máis "blandengue". E incluso ese xiro, ou "emboscada", na última baliza era algo máis amplo e complicado que o ano anterior (como puiden comprobar e comparar cos mapas grabados co GPS).
En canto á distancia, xa suporedes que pode variar algo xa que cada un fixo a súa trazada (jeje, na saida á area pareciamos ciclistas facendo abanicos para coller a parte boa). A min marcoume o cacharro sobre 7,96 km, parecido ao ano pasado (tede en conta que fun moi por dentro e tamén o marxe de erro destes utensilios).