Ven, 19 Ago 2011, 16:03
Asunto: Re: proximo lanzamiento nike reloj con gps tom tom que os pa
Vouvos poñer as miñas primeiras impresións. Moi sinxelo de usar e moi chulo. Comodísimo o conector USB na propia correa (para descargar datos e para cargara a batería). Pero para as cousas bonitas xa están os que os venden. Problemas que fun atopando:
- O primeiro, que para descargar os datos necesitas ter conexión a internet. Se xa tes instalado o software de Nike no ordenador podes descargar o aparello para vaciar memoria, pero sen poder fedellar cos datos...
- O
Nike+ Training Center (non sei como se chama realmente) é un pouco cutre. Hai un plugin para poder traballar co Sporttracks. Eu teño a versión de proba (30 días) e vai ben. É de pago. Creo que 5 €...
- Fiabilidade bastante boa de distancias comparando cun Garmin. Os primeiros días desquicioume un pouco. Necesita o complemento do sensor para cando perde "satélite". Eu levo metido o sensor no exterior da zapatilla...
- Completamente inútil o indicador de velocidade instantánea.
- Ten pulsómetro se o asocias a unha cinta Polar. Non incluído no precio...
- A función "pause" non funciona como debería. Parece que deixa de contar o tempo, pero cando chegas a casa e descargas os datos aparece un tempo largo como que estiveches parado. Imaxino que en próximas actualizacións vaian arreglando bugs...
- Ocurriume o outro día na carreira das Festas do Monte. Unha vez localiza "satélite" (que ninguén se desquicie o primeiro día se tarda 15 minutos, que as próximas veces é bastante rápido) tes uns minutos (pouco) para darlle a "start". Tardaron un rato en dar a saída porque o tráfico non estaba cortado e cando saímos levei a sorpresa (novatada...) de que non tiña os sensores pillados. Dinlle a "quickstart", corrín só co sensor do pé, e o erro foi de máis do 25% na distancia...
- Nalgunha páxina vin que a pantalla do aparello rompe se leva unha ostia...