Sáb, 03 Set 2011, 13:39
Asunto: Re: VII Cross de Verán de Broña - Outes
Ei que tal vos quedaron os corpiños, xa os veredes nas fotos. Miña filla e dona están perfeccionando os primeiros planos, para que vos vexades.
Maravillosa organización, moi boa xente. Pero o das costas non se lle fai a boa xente coma nos jeje.
Despois do 1º km por ese camiño romano excelente o lado da auga e correndo a 4:20 dixenme que ben vai salir isto, pero a 1ª costa entre 1,500 e 2 km e a que habia en torno os 4,500 que oteabas para o alto e non vias onde ia acabar, deron o traste cas miñas expectativas. Encima o soliño xusto no mais cansado petou duro. Decisión intelixente miña e de moita mais xente, subir amodiño e se fai falla camiñando que o corpo hai que cuidalo.
O final canso pero feliz polo entorno e a xente, moitas grazas a organización.
Por certo o speaker un crack, amijo eres do millor que vin e escoitei nas carreiras.
Gustariame saber que foi dun rapaz dus trinta e tantos anos alto que o final ia sangrando por un cobado e acompañado doutra persoa como si fose mareado.
Saudos a todos, amenazo con poñelas fotos jeje.