OsoroOndoro escribió: |
Bueno, xa rematamos outro ano máis a Carreira de NOIA!! Moi ben a organización e moi bo o novo percorrido. Agora xa non temos nada de tráfico arredor nosa dando o coñazo! Só unha pequena suxerencia: Intentar manter a DATA mailo CIRCUITO para vindeiros anos. Todo moi ben, repetir a miña NORABOA o club atletismo NOIA. |
koala36 escribió: | ||
|
telait escribió: |
Imos a ver: non quero falar do tema de calificar unha carreira por si me dan auga, aquarius, froita ou un bocata de chourizo....... non me parece para nada para criticala; sí me parece razoable que nunha carreira como parece ser na Estrada vos deran de todo, aproveitar para recalcalo e facerllo chegar á organización e alabalos. Sí me parece que se desfasou o tema das camisetas " tecnicas", pois parece que houbo nenos que se quedaron sen elas e sí, eso está moi mal pensado e foi autocriticado a posteriori. Para os que estamos habituados a correr temos unha morea de camisetas e non pasa nada si de unha carreira non temos unha ( de feito hai carreiras nas que as camisetas estan limitadas e non deixamos de ir por iso??). Por outro lado, o pabellon para ducharse estaba a 100 metros e este ano acabou mais xente que o ano pasado. Por ultimo,o feito de pagar 5 euros ( que pagaches 5 porque non tes chip, senon pagarias como outros 3 ), creo que non cubre nin sequera unha camiseta serigrafiada. Si outros concellos axudan para que se faga unha pedestre e ninguen pague, pois xenial. Senon, eu prefiro pagar 5 miseros euros e que se realice a pedestre o proximo ano, o feito de correla vale moitisimos mais cartos !!!! |
koala36 escribió: | ||
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta conmemorativa do evento. Se o poñen no regulamento que o cumplan e senon que non o poñan, e aqui non foi problema de que non sabian canta xente iba a participar, pois a inscripcion cerrouse dous dias antes da carreira. Por outro lado eu tamen paguei 3 euros, pero foi porque con anterioridade xa pagara 20 polo chip, senon pagaria 5 euros. E o que para ti son 5 miseros euros , pois nestes tempos que vivimos oxe en dia, para moita xente poden ser moitos cartos. E non me veñas con contos de presupuestos de este ou de outros concellos, pois nesta carreira, supuestamente popular, gastaronse 2000 euros en premios para os primeiros clasificados, co cal diñeiro si que habia. E tes razon, este ano acabaron 30 mais que o ano pasado, pero acabaron 23 menos que no 2007 e 29 menos que no 2008. O que esta claro e que esta carreira non aumenta progresibamente a participacion da xente, e por algun motivo sera. Saludos |
Kurty escribió: |
Creo que algúns estades a sacar as cousas de contexto "Está ben claro que meteron a gamba co das camisetas". Pero como ben di telait eu creo que unha carreira non se debe valorar polo que dan ou deixan de entregar o rematar a mesma. Cun avituallamento líquido deberamos ir máis que sobrados para unha proba de 10 Kms. Eu non participei, xa que corrín pola mañán en Broña e non me apetecía doblar, (pareciame excesivo) cosa que fixeron máis dunha ducia de corredores. Senon coincidira con Broña a afluencia sería maior. E esperemos que a carreira sega moitos máis anos. |
OsoroOndoro escribió: |
Como dixen o domingo pasado, repito as miñas felicitacións ó C.A.N. polo tremendo esforzo realizado pra sacar adiante un ano máis esta carreira... dado que hai que ser conscientes das dificultades e atrancos que se atopan tódolos anos neste Concello. (seguramente no Concello de A Estrada non teñan estes problemas...) Tamén repito que hai determinadas cousas a mellorar (...) Apoio o exposto anteriormente por Telait e Kurty.... PD.- Na marathon de Berlin pagas 70, 80 ou 90€ e non che dan... NADA !! |